A Xunta Directiva da Tomada interésase por un proxecto arquitectónico premiado de depuración e usos híbridos

02 Marzo 2026

Membros da Xunta Directiva da Entidade Urbanística de Conservación do Polígono Industrial da Tomada, na Pobra do Caramiñal, reuníronse coa arquitecta Laura Pena Cristóbal, autora do proxecto de fin de mestrado (master) sobre usos híbridos e fitodepuración no polígono industrial. Este traballo foi distinguido como o mellor proxecto de fin de carreira nos XXI Premios COAG Arquitectura. O proxecto propón recoller a auga de choiva do polígono, conducila a un punto baixo do terreo para o seu tratamento mediante fitodepuración e devolvela ao leito orixinal do río, beneficiando aos cultivos existentes e creando espazos peonís, zonas de estancia e reforestación con especies autóctonas.

Ademais, integra solucións para traballadores e veciños, como acceso peonil, aparcamento seguro e áreas de coworking, fortalecendo a relación entre o polígono industrial e a súa contorna agrícola e urbana.

Exploración diversa e transversal

O xurado valorou especialmente este traballo “pola súa exploración diversa e o método transversal utilizado con vistas a abordar un problema complexo: a relación entre infraestruturas e asentamentos industriais co territorio de implantación”.

Os seus membros destacaron o “seu grao de análise dos datos ambientais” e “a implicación da proposta co territorio, así como a coherencia da expresión gráfica cos obxectivos do estudo”.

Isabel Cañas, presidenta da Xunta Directiva da Entidade Urbanística de Conservación do Polígono da Tomada, expresou o interese da organización no mesmo e a esperanza de poder levalo a cabo no futuro, “se se conseguisen os fondos necesarios”.

“A súa innovación e sustentabilidade representan unha oportunidade real para mellorar o noso polígono e facelo máis integrado coa contorna e os seus usuarios”, detallou Cañas.

Na reunión tamén participou Adrián Capelo, xestor de proxectos da Fundación RIA, entidade que está a colaborar coa Xunta Directiva da Entidade Urbanística de Conservación do Polígono para Tomada na elaboración dunha proposta para a integración paisaxística da área empresarial.

Durante o encontro, Capelo sinalou que “este é un exemplo de como desde as universidades poden darse solucións ás necesidades da cidadanía e aos
retos do territorio”.

Outros artigos

Noia legaliza o seu Punto Limpo

O Concello de Noia vén de culminar o proceso de legalización do Punto Limpo municipal, poñendo fin a unha situación administrativa que segundo lembrou o Goberno local, “víase arrastrando desde hai anos”. A legalización constitúe “un paso importante para mellorar a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.