A Lonxa de Ribeira renova a súa alianza con Amicos para seguir recuperando corais e restaurando fondos mariños

09 Marzo 2026

A mañá deste luns, 9 de marzo, a Lonxa de Ribeira renovou o seu convenio de colaboración con Amicos, reforzando unha alianza estratéxica que combina inclusión social, compromiso co medio mariño e responsabilidade social corporativa. O acordo foi asinado polo director xeral de Amicos, Xoán España, e polo xerente da Lonxa de Ribeira, Fernando Carreira, nun acto no que tamén estiveron presentes Pilar Sampedro, responsábel do Centro de Atención Integral de Amicos, e varias/os activistas medioambientais de Amicos, protagonistas do coidado e recuperación dos fondos mariños.

Segundo explicaron, “esta colaboración permite dar continuidade ao Hospital de Corais de Amicos, un espazo situado nas instalacións da Lonxa no que se rehabilitan as gorgonias que as e os profesionais do mar capturan de forma accidental durante a súa actividade, un proxecto que é unha oportunidade de restauración ambiental dos fondos mariños e sensibilización ambiental”.

Desde a posta en marcha deste hospital mariño, os activistas de Amicos lograron restaurar máis de 700 gorgonias, que foron coidadas, recuperadas e devoltas ao seu hábitat natural. “Foi un traballo minucioso que require coñecemento técnico, coordinación e, sobre todo, compromiso”, explicaron dende Amicos, engadindo que “neste proceso, o papel do sector pesqueiro é clave, xa que a colaboración coas e cos profesionais do mar permite detectar, trasladar e dar unha segunda vida a estes organismos, fundamentais para a biodiversidade dos nosos fondos mariños”.

Adriana Miguéns, portavoz e activista medioambiental de Amicos, destacou do seu labor que “para min é moi importante participar no Hospital de Corais de Amicos. Aquí coidamos as gorgonias que chegan da pesca e axudámolas a recuperarse, para que despois volvan ao mar. A min gústame moito este traballo porque estamos axudando a coidar o mar e a natureza. Moitas grazas á Lonxa de Ribeira por colaborar con nós”.

Pola súa banda, Fernando Carreira puxo en valor a continuidade desta colaboración, subliñando o compromiso da Lonxa de Ribeira coa responsabilidade social e co activismo ambiental, apostando por iniciativas que contribúan á protección do ecosistema mariño”.

Inclusión, formación e impacto ambiental

O Hospital de Corais é tamén un espazo de aprendizaxe e participación. Nel, persoas con discapacidade e alumnado en formación, como os integrantes do programa Dual Natura II, traballan man a man na restauración dos fondos mariños, adquirindo competencias e formando parte activa dun proxecto con impacto real.

Para Amicos, “esta alianza é un exemplo do compromiso da Lonxa de Ribeira coa preservación e coidado do medio mariño e o seu papel activo por mellorar o seu impacto social, económico e ambiental: unha mostra de como a colaboración entre entidades pode xerar oportunidades, promover a inclusión e contribuír á conservación do noso patrimonio natural”.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.