A Asociación de Empresarios de Ribeira pon a disposición das firmas asociadas unha avanzada plataforma de rexistro horario

04 Marzo 2026

A Asociación de Empresarios de Ribeira (AER) informa do lanzamento dun novo servizo gratuíto exclusivo para os seus asociados: unha plataforma web de rexistro horario deseñada para facilitar o cumprimento normativo e avanzar no proceso de dixitalización empresarial.

O sistema de rexistro horario permitirá ás empresas documentar diariamente a hora de inicio e finalización da xornada de cada traballador, garantindo un control preciso, seguro e accesíbel da información, conforme á normativa vixente.

As firmas asociadas interesadas en recibir máis información sobre este novo servizo poden poñerse en contacto directamente coa Asociación (a través do teléfono 981 873 719 ou da conta de correo correo@empresariosriveira.com).

Este servizo ofrécese grazas ao convenio de colaboración con Qbit Dynamics, empresa local, con sede na rúa Rosalía de Castro, especializada en solucións tecnolóxicas: no desenvolvemento, comercialización e mantemento de software e aplicacións informáticas.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Los tornillos de la nave Orión”. Mario Clavell

“Los tornillos de la nave Orión”. Mario Clavell

Con el corazón en puño seguimos durante diez días la operación Ártemis II. Cuatro adultos pasaron diez días volando a cuarenta mil kilómetros por hora metidos en un cuartucho de seis metros de diámetro; y no se pelearon durante el viaje. Para que eso fuera posible...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.