“24 de marzo de 1976: os galegos compartimos a dor dos arxentinos polo golpe de Estado”. Antón Luaces

25 Marzo 2026

Lembralo agora trasládame a un primeiro de xaneiro de 1980 cando Buenos Aires, capital de Argentina, espertaba dunha longa noite de festa na que moitos migrantes procedentes de Galicia despedían o ano 1979 ao xeito dos porteños: botando á rúa todo o que, ao seu entender, non ían precisar no ano novo. 

Era perceptible, certamente, con metros e metros de papel pendurado do cableado das rúas, guindado desde as ventás das oficinas que, por unha banda, incomodaban no comezo do verán e, pola outra, falaba da recuperación polos arxentinos dos azos perdidos nos anos da ditadura militar comandada polo tenente xeneral Videla.

A praza de maio estaba deserta. A Casa Rosada, sede oficial do Goberno, semellaba dormir. Camiñei pola esquerda do edificio ata chegar pola que aparenta ser a beiramar (cando en realidade é a ribeira do río da Prata). De súpeto, á dereita, un sinistro edificio chamou a miña atención: pintaba de cor gris, o mesmo que o río-mar no que se reflectía. Era a Escola de Máquinas da Armada, que me retrotraía a aquel 24 de marzo de 1976, cando un golpe de Estado derrocou a Isabel Perón coma presidenta de Argentina. 

Sentín un frío especial, impropio do verán arxentino, e rememorei a xunta militar de Videla, Massera e Agosti e o Proceso de Reorganización Nacional (unha especie de Movemento Naciional sen Franco) que se mantivo no poder ata o 10 de decembro de 1983, data do retorno á democracia.

Apetecía un café, mais non  había onde tomalo. Optei por dar a volta e seguir camiñando ata me ver na rúa Corrientes. Procurei o número 348 e non existía. O tango era tan incerto!… coma a EMA, infernal centro no que tantas vidas se perderon.

50 anos dempois só queda a infausta lembranza dun aniversario que milleiris de cidadáns bonaerenses rememoraron na Praza de Maio nunha mostra de non esquecemento e coa ausencia de todas menos unha das nais e avoas que nesa mesma praza reclamaron xustiza e reparación para tan só acadar Milei e motoserras.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira esixe máis seguridade tras o grave suceso no porto

O PSOE de Ribeira esixiu ao Concello a adopción de medidas “urxentes e contundentes” en materia de seguridade tras o grave suceso rexistrado no porto de Ribeira, onde apareceu un cadáver esposado a unha escaleira, nun caso que os socialistas cualifican de “moi...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.