“1857 foi o primeiro ano na historia do Día Internacional da Muller Traballadora” – Antón Luaces

08 Marzo 2026

Daquela non houbo celebración. Aquel 8 de marzo de 1857, centos de mulleres traballadoras nunha fábrica de roupa de Nova York botáronse á rúa en protesta polos baixos salarios que recibían polo seu labor (menos da metade do que percibían os homes) e polas malas condicións nas que traballaban. Aquela concentración (na realidade non foi unha manifestación) rematou cunha carga policial que produciu 120 mulleres mortas que, ao igual que as súas compañeiras, decidiran berrar a prol da igualdade. As sobreviventes e outras novas traballadoras fundaron, dous anos máis tarde o seu primeiro sindicato. 

No ao 1909 celebrouse por vez primeira un día nacional da muller por decisión do Partido Socialista en USA. Foi o 28 de febreiro, data que, desde aquela, serviu coma referente para  canta protesta se realizara, moitas delas baixo o lema “Pan e Rosas”: o pan simbolizaba a seguridade económica  e as rosas a calidade de vida. 

Galicia fixo súa tal conmemoración baixo o recoñecemento internacional, da mesma, e sempre tendo presente aquel 2 de maio de 1975, cando en España se eliminou a licenza marital e as mulleres casadas puideran traballar libremente sen o permiso do seu marido.

Un troco na lei o 22 de xullo de 1961 facilitou que as mulleres puideran acadar emprego no sector público. E aínda así, tiveron que se enfrontar a numerosas restricións.  Nese mesmo ano 1961 prohibiuse a discriminación laboral por razón de sexo agás na xudicatura, nas forzas armadas e na mariña mercante. Ata 1962 a muller era obrigada a abandonar o mercado laboral cando casaba. A cambio diso recibían unha pequena compensación económica.

En n1970, un decreto do 20 de agosto introduciu unha nova lexislación sobre o permiso de maternidade: as embarazadas podían deixar de traballar sen penalización durante un período de entre un e tres anos. Outro troco foi que as mulleres traballadoras podían continuar co seu emprego dempois de se casar ou ben podían rescindir o seu contrato anticipadamente pagando unha dote compensatoria.

Francisco Franco finaba cinco anos dempois.

Outros artigos

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

+

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

+

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“De la mentira al insulto”. Xosé Perozo

“De la mentira al insulto”. Xosé Perozo

Días atrás Donald Trump prometió premiar a todos los estadounidenses adultos con 5.000 dólares si su partido triunfa en las elecciones legislativas. Una compra de votos a todas luces imposible de cumplir legal, administrativa y económicamente. Un fraude contra la...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.