Ribeira sitúa a Volta Ciclista Feminina no centro da conmemoración do 8M

27 Febreiro 2026

O Concello de Ribeira presentou este 27 de febreiro a programación conmemorativa do 8M, Día Internacional da Muller, unha proposta que combina cultura, reflexión e deporte co obxectivo de seguir avanzando nunha sociedade máis xusta e igualitaria. Durante a súa intervención, a alcaldesa destacou que “a igualdade non se constrúe só con palabras, senón tamén cos pequenos feitos e co traballo constante no día a día”. Nesa liña, subliñou a importancia de que as administracións locais sigan promovendo espazos de visibilidade, participación e recoñecemento ao papel das mulleres en
todos os ámbitos.

A programación, que se desenvolverá ao longo do mes de marzo, inclúe actividades pensadas para diferentes idades e perfís, combinando propostas culturais, encontros de reflexión e iniciativas vinculadas ao deporte. O obxectivo é ofrecer unha conmemoración aberta, plural e participativa.

Un dos momentos destacados será a presentación da Volta Ciclista Feminina, un evento que reforza a aposta do Concello por “vincular igualdade e deporte”, favorecendo referentes e oportunidades para as novas xeracións. Desde o Goberno local sinalan que “o deporte é tamén un espazo clave para avanzar en igualdade real”.

Coa programación do 8M, o Concello de Ribeira reafirma o seu “compromiso cunha sociedade baseada no respecto, na igualdade de oportunidades e na colaboración entre institucións e veciñanza”. Dende o Goberno municipal anímase á cidadanía a participar nas actividades programadas e a facer do 8M unha data de reflexión e tamén de celebración dos avances acadados.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pasada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...