Padrón reivindica a súa identidade arredor da lamprea na duodécima edición das Xornadas Gastronómicas

26 Febreiro 2026

Padrón acollerá os días 13, 14, 15, 20, 21 e 22 de marzo a duodécima edición das Xornadas Gastronómicas da Lamprea, unha cita xa consolidada no calendario padronés que pon en valor este produto emblemático do río Ulla desde unha perspectiva gastronómica, cultural e medioambiental.

Durante dúas fins de semana, o programa combinará actividades divulgativas, roteiros interpretativos e experiencias inmersivas pensadas maioritariamente para o público familiar, co obxectivo de reforzar o vínculo entre a lamprea, o territorio e a identidade local.

As xornadas arrancarán o venres 13 e o luns 16 de marzo coa actividade didáctica Descubrindo o fósil vivente de Padrón: a lamprea, que se desenvolverá nas escolas unitarias do municipio co fin de achegar ás novas xeracións o coñecemento deste organismo ancestral e a súa relevancia histórica e ambiental.

O sábado 14 de marzo, ás 09.00 horas, terá lugar a tradicional Ruta das Pesqueiras, un percorrido lineal de 12 quilómetros (ida e volta) ao carón do río Ulla, con saída desde o Campo da Ínsua (A Ponte). Trátase dunha proposta de dificultade media dirixida a persoas afeccionadas ao sendeirismo e ao patrimonio fluvial.

Esa mesma tarde, ás 16.30 horas, Herbón acollerá o Baño de natureza-Experiencia inmersiva sobre a lamprea, unha actividade familiar que combinará mindfulness (técnica de meditación), creatividade e patrimonio. O programa inclúe un paseo guiado polos exteriores do convento e polas pesqueiras, así como un obradoiro con arxila inspirado no universo simbólico da lamprea. En caso de choiva, as actividades trasladaranse ao interior do convento.

O domingo 15 de marzo, ás 10.30 horas, celebrarase unha Ruta interpretativa da lamprea con mindfulness, unha proposta para afondar na dimensión natural e cultural deste recurso a través dunha experiencia guiada.

A programación continuará o venres 20 de marzo coa actividade A que sabe Padrón?, que se desenvolverá no Xardín Botánico en dous pases (17.00 e 18.30 horas). Trátase dunha experiencia sensorial dirixida a toda a familia para descubrir, desde unha perspectiva lúdica, os matices e a tradición asociada á lamprea. En caso de choiva, trasladarase ao hall do Auditorio municipal.

Xa o sábado 21, ás 17.00 horas, terá lugar A pé de río, un percorrido de 5 quilómetros (ida e volta) con saída desde o Campo da Ínsua. A actividade está pensada para público familiar e, en caso de mal tempo, desenvolverase no interior do Auditorio de Padrón.

As xornadas pecharanse o domingo día 22, ás 11.30 horas, coa proposta Unha viaxe á orixe, na Praza de Macías (ou no Auditorio en caso de choiva), unha actividade divulgativa para toda a familia que conectará pasado, tradición e identidade arredor da lamprea.

As prazas para poder participar nestas actividades son limitadas e requiren inscrición previa na web de Turismo Padrón.

Propostas gastronómicas nos restaurantes colaboradores

De xeito paralelo seis establecementos de Padrón sumaranse á exaltación gastronómica: O Alpendre, Restaurante Chef Rivera, Casa Farrucán, Restaurante O Secreto, Taberna A Filoxera e Restaurante A Casa dos Martínez.

Nesta edición, marcada pola escaseza de lamprea e polo elevado prezo do produto, non haberá menús pechados con carácter xeral.

Porén, Casa Farrucán ofrecerá un menú especial por 55 euros, composto por chocos, lamprea á bordelesa, sobremesa caseira, unha copa de viño e café.

No resto dos establecementos, as persoas interesadas deberán consultar directamente as súas propostas e realizar reserva previa.

As Xornadas Gastronómicas da Lamprea consolidan así o seu papel como evento de referencia na posta en valor deste produto singular, reforzando a proxección de Padrón como destino ligado ao río Ulla, á tradición pesqueira e á gastronomía de calidade.

Outros artigos

Noia legaliza o seu Punto Limpo

O Concello de Noia vén de culminar o proceso de legalización do Punto Limpo municipal, poñendo fin a unha situación administrativa que segundo lembrou o Goberno local, “víase arrastrando desde hai anos”. A legalización constitúe “un paso importante para mellorar a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.