O PSdeG propuxo melloras ao POS e apoia o obradoiro TAHUME para reforzar a formación e o emprego en Ribeira

04 Febreiro 2026

O PSdeG-PSOE de Ribeira formulou no pleno municipal diversas propostas de mellora ao Plan Único de Concellos (POS) e mostrou o seu apoio á ratificación do obradoiro de emprego TAHUME XI, ao considerar que ambas iniciativas poden contribuír a mellorar os servizos, a formación e o emprego no municipio.

O portavoz socialista, Francisco Suárez-Puerta, advertiu dun descenso do investimento nalgunhas parroquias, como Aguiño e Oleiros, e reclamou unha distribución máis equilibrada dos fondos. Ao mesmo tempo, o grupo socialista achegou propostas concretas para distintas actuacións, entre elas a incorporación de beirarrúas, melloras en accesibilidade e seguridade, humanización de espazos públicos e ampliación dalgunhas intervencións previstas.

Suárez-Puerta tamén solicitou a retirada das luces de Nadal aínda pendentes nalgunhas parroquias e cuestionou a localización dalgúns investimentos, como o previsto en Olveira, ao considerar que deberían ser asumidos por outras administracións.

A pesar das críticas, o PSdeG apoiou as obras incluídas no POS ao tratarse de actuacións en beneficio da veciñanza. Así mesmo, o grupo socialista votou a favor do convenio do obradoiro TAHUME XI, destacando a importancia de impulsar iniciativas de formación e creación de emprego como ferramenta clave para mellorar o mercado laboral en Ribeira.

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.