O Concello de Noia felicita a “Pichero” polo seu recoñecemento nos Sony Awards Ciutat de Valencia

26 Febreiro 2026

O fotógrafo noiés Victor Manuel Martinez Campos (Pichero) acadou (a semana pasada) un novo e importante recoñecemento á súa traxectoria. Trátase do bronce acadado nos Sony Awards Ciutat de Valencia.

Dende o Concello de Noia emitiron un comunicado no que lle trasladan a súa “máis sincera noraboa”. E engaden: “En Noia sentimos este logro como propio, porque cada paso que dá Víctor Manuel lévanos tamén un pouco máis lonxe. O seu traballo, a constancia e a maneira única de mirar e contar a realidade son exemplo do talento que nace na nosa vila e que segue medrando e cruzando fronteiras”.

A imaxe galardoada é unha instantánea realizada para unha empresa de mexillón radicada na Pobra do Caramiñal. Lembrar que en 2018 o fotógrafo noiés tamén obtivo no mesmo certame un importante recoñecemento por unha fotografía na categoría de bebés.

Recordar tamén que Pichero estivo nomeado este anos en dúas categorías dos “Premios Goya da Fotografía” que concede a Asociación de Fotógrafos e Videógrafos Profesionais de Aragón (AFPA). Aspirou aos galardóns en dúas categorías por unha instantánea da campaña marisqueira de Noia (categoría de gráfico) e por un autorretrato (categoría de autorretrato).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.