O Concello da Pobra o Arcebispado de Santiago e a Comisión de Memoria Histórica, avanzan na reparación das inscricións da igrexa do Caramiñal

04 Febreiro 2026

O alcalde e responsable da área de Patrimonio do Concello de A Pobra, José Carlos Vidal, e a concelleira de Memoria Histórica, Patricia Lojo, e membros da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica do Barbanza, mantiveron unha segunda xuntanza no Arcebispado de Santiago de Compostela co obxectivo de avanzar nos traballos de reparación das inscricións situadas na fachada da igrexa do Caramiñal.

Durante o encontro no que participou o Vicario xeral da diócese José Andrés Fernández Farto e o responsable de patrimonio do arcebispado, Pablo Carou Barro, abordáronse os aspectos técnicos necesarios para acometer a intervención, que busca respectar a denominación orixinal do templo. Así, acordouse que as letras actuais serán cubertas polo nome histórico: Igrexa Santa María a Antiga do Caramiñal.

Esta actuación enmárcase nas accións conxuntas entre o Concello da Pobra do Caramiñal e o Arcebispado destinadas á conservación e posta en valor do patrimonio relixioso e histórico do municipio.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

Una vía de alta prestación a 15 minutos”. José Castro López

Una vía de alta prestación a 15 minutos”. José Castro López

El Gobierno gallego cumplió con una de sus primeras obligaciones, la de presentar losPresupuestos con la previsión de ingresos y el desglose de gastos para el ejercicio 2027.Las cuentas anuales son como la hoja de ruta a la que ha de ajustarse el Ejecutivo en...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.