O Certame de Carrozas e Disfraces de Rianxo repartirá máis de 4.000 euros en premios (inscricións abertas)

02 Febreiro 2026

Coa chegada do mes de febreiro vai collendo corpo o Entroido de Rianxo, que terá un dos seus momentos álxidos o domingo 15 de febreiro co Certame de Carrozas e Disfraces en Grupo, en palabras do Concello “unha cita chea de cor, imaxinación e bo humor”, á que está convidada toda a poboación rianxeira. Por certo que as bases do certame veñen de ser aprobadas pola xunta de Goberno local, acordando que serán mobilizados e repartidos máis de 4.000 euros en premios para os mellores disfraces grupais e carrozas. As inscricións xa están abertas. As persoas interesadas en participar poden consultar as bases no Taboleiro de Anuncios da Sede Electrónica do Concello de Rianxo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.