O BNG de Ribeira amosa a súa preocupación polos roubos e ponse á disposición do Concello para buscar solucións

02 Febreiro 2026
Na imaxe, a concelleira Cruz Rivadulla, o portavoz Luís Pérez Barral e o responsábel local Rafa Pazos

O BNG de Ribeira quere expresar a súa preocupación ante a vaga de roubos que se vén producindo nas últimas semanas no municipio e que, segundo indica a agrupación, “está a causar importantes danos en vehículos e comercios, xerando sensación de inseguridade entre a veciñanza e o tecido económico local”. Trátase dunha situación que “require unha resposta seria, coordinada e eficaz por parte das administracións competentes”, sinala o BNG, engadindo que “consideramos que cómpre adoptar medidas para garantir a boa convivencia e o normal desenvolvemento da actividade social e económica de Ribeira, por iso propoñemos a convocatoria dunha reunión na que participen todos os grupos da Corporación Municipal xunto coas forzas e corpos de seguridade, coa finalidade de analizar a situación actual e estudar medidas que permitan atallar esta problemática dun xeito efectivo”.

O BNG ribeirense quere mostrar a súa colaboración e por iso “poñémonos á disposición do Concello para colaborar en todo o que sexa necesario co obxectivo de incrementar a seguridade no municipio, desde unha actitude construtiva a favor do benestar da veciñanza”.

Facendo balance, o grupo sinala que durante seu goberno “realizouse un incremento importante de axentes para reforzar a seguridade, completando o 100% das prazas da Policía Local ata acadar os 27 membros en activo, aos que se suman 12 auxiliares, así como a consecución dun novo vehículo policial cun investimento de máis de 40.000€”. Este avance, din, “permitiu mellorar os recursos dispoñíbeis, pero non resultan suficientes polo que debe continuar o traballo de reforzo, especialmente no que respecta aos efectivos e medios da Comisaría de Policía”. Recoñecen tamén que consideran “imprescindíbel reforzar os medios humanos e materiais destinados á seguridade, e en particular entendemos necesario que na Comisaría de Ribeira existan efectivos policiais dedicados especificamente á loita contra o tráfico de estupefacientes, xa que este tipo de actividades delituosas adoitan estar directamente relacionadas con outros feitos como roubos e danos a bens privados”.

E engaden: “Dende o BNG apostamos por impulsar medidas que preveñan e atallen o consumo de drogas desde un enfoque integral, combinando a actuación policial coa prevención, a educación, a intervención social e a atención sanitaria, especialmente entre a mocidade e os colectivos máis vulnerables, abordando así as causas profundas do problema e non só as súas consecuencias”.

O portavoz do BNG e exalcalde de Ribeira, Luís Pérez Barral, sinala que “estamos ante unha situación que preocupa con razón á veciñanza e ao comercio local. Desde o BNG apostamos pola coordinación entre administracións e forzas de seguridade e por políticas que vaian máis alá da resposta inmediata, reforzando tamén a prevención. Ribeira necesita sentirse segura e desde o BNG imos colaborar en todo o que sexa preciso para conseguilo”.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.