As XXI Xornadas “Muros Mira ao Mar” celebraranse entre o 10 e 12 de xullo

06 Febreiro 2026

As XXI Xornadas de Cultura Mariñeira “Muros Mira ao Mar” celebraranse os días 10, 11 e 12 de xullo de 2026. A comisión das XXI Xornadas de Cultura Mariñeira “Muros Mira ao Mar”, reunida o 5 de febreiro, acordou por unanimidade que as datas de celebración da edición de 2026 serán os días 10, 11 e 12 de xullo. Este acordo supón o primeiro paso para iniciar os traballos de organización e planificación dun dos eventos culturais máis destacados do calendario muradán, permitindo avanzar na coordinación coas entidades e asociacións.

A edición anterior, celebrada en xullo, foi un gran éxito de público e participación: un evento xa consolidado no calendario cultural e turístico da comarca que rendeu homenaxe á tradición mariñeira do municipio. O programa incluíu tres días de mercado, concursos, obradoiros, visitas guiadas, música, maxia, xogos populares, izada de velas, conxuro de queimada, demostracións grastronómicas e exposicións… actividades todas elas vinculadas co mar.

A alcaldesa de Muros, María Lago, destacou o orgullo que supón para o municipio acoller esta celebración: “A esencia destas xornadas é o noso orgullo como vila mariñeira, dando a coñecer a nosa cultura e poñendo en valor o mar, que é o noso ben máis prezado”.

Outros artigos

Luns 21, tempo seco e as temperaturas estables ou en lixeiro ascenso

Continuamos sen cambios significativos no meteorolóxico. Este luns 21, San Mateo, será unha xornada de marcada estabilidade atmosférica en todo o territorio autonómico. Durante as primeiras horas do día formaranse bancos de néboa en zonas do interior. Non obstante,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.