A Xunta instala máis de 250 paneis para concienciar sobre o risco de inundación en 19 concellos da Demarcación Galicia‑Costa

14 Febreiro 2026

Entre eles Vilagarcía de Arousa, Carnota e A Pobra do Caramiñal

A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, visitou hoxe varias áreas de risco potencial significativo de inundación (Arpsi) nos concellos de Betanzos, A Coruña e Sada, onde se están a instalar novos paneis informativos para mellorar a prevención fronte ás enchentes.

A Coruña
A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, acompañada da delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, supervisan os paneis informativos instalados por Augas de Galicia na ARPSI do río Pastoriza. Foto: Moncho Fuentes

Instalación de paneis nas Arpsi

Nas Arpsi destes tres concellos colocáronse paneis divulgativos que informan á cidadanía sobre os perigos e implicacións de vivir ou transitar en zonas inundables, así como sobre as medidas preventivas e pautas de actuación en caso de asolagamento. A actuación busca reforzar a seguridade e aumentar o grao de coñecemento da poboación sobre a dinámica natural dos ríos e a importancia de respectar os seus cursos.

Obxectivo: 600 indicadores en 41 concellos

Ata o de agora instaláronse máis de 250 indicadores en preto dunha vintena de municipios da Demarcación Hidrográfica Galicia‑Costa, e o obxectivo é acadar arredor de 600 paneis en 41 concellos nos próximos meses. Deste xeito dotaranse de sinalización todas as Arpsi do grupo IV, consideradas as de maior risco tanto de asolagamentos como de perigosidade asociada.

Encaixe no PXRI e no Pedarpsi

A conselleira, acompañada pola delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, enmarcou esta actuación no Plan de Xestión do Risco de Inundación (PXRI) e no Plan estratéxico de divulgación das Arpsi (Pedarpsi). Segundo explicou, trátase de reforzar a prevención e a xestión sostible dos asolagamentos en coordinación coas administracións locais e en cumprimento do PXRI vixente ata 2027, actualmente en revisión para o período 2028‑2033.

Concellos nos que xa hai paneis

Augas de Galicia colocou xa estes paneis informativos en 19 concellos con áreas de alto risco de inundación: Betanzos, Sada, A Coruña, Ames, Gondomar, Bueu, Sanxenxo, Vilagarcía de Arousa, Carnota, Vimianzo, Zas, Carballo, Arteixo, Fene, Neda, Cedeira, As Pontes de García Rodríguez, A Pobra do Caramiñal e Ferrol. Estes traballos forman parte dun contrato específico de concienciación, divulgación do risco de inundación e sinalización das zonas máis expostas, cun investimento próximo aos 700.000 euros.

Formatos dos paneis divulgativos

Os paneis deseñados para estas áreas son de tres tipos: xerais, con información ampla sobre a zona e o protocolo de actuación; reducidos, con mensaxes básicas e claras para emerxencias; e infantís, adaptados en estética e linguaxe ao público máis novo e situados en parques e espazos de lecer. Con esta tipoloxía preténdese que a información sexa facilmente comprensible para toda a veciñanza, incluída a rapazada.

Educación e talleres nas escolas

Ao abeiro do Pedarpsi, o Goberno galego desenvolve tamén obradoiros en centros de educación infantil e primaria situados nas proximidades das Arpsi para concienciar ás novas xeracións sobre os asolagamentos e o impacto das accións humanas nas contornas fluviais. Desde o inicio desta campaña no curso 2023‑2024 tense chegado xa a 74 municipios e a máis de 10.000 escolares de toda Galicia.

Datos do PXRI vixente e futuro

O PXRI 2021‑2027 inclúe 170 Arpsi fluviais, que abranguen 548 quilómetros de ríos, e 28 Arpsi costeiras, cunha lonxitude de 160 quilómetros de litoral. No futuro PXRI 2028‑2033 prevese catalogar 172 Arpsi fluviais, cun total de 566 quilómetros vulnerables, co fin de planificar mellor as actuacións nas zonas máis sensibles e reducir os efectos das inundacións sobre a poboación e as súas propiedades.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“La guerra como negocio de la atrocidad”. Alberto Barciela

“La guerra como negocio de la atrocidad”. Alberto Barciela

Asistimos en el tablero de Oriente Próximo a una representación dramática de la discordia entre la moral y la política. El conflicto que involucra a Irán y sus vecinos pone de manifiesto cómo el moralista político -aquel que forja una moral ad hoc para...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.