“Soluciona o problema médico do SERGAS que sexan os farmacéuticos os que expidan as receitas?”- Antón Luaces

11 Xaneiro 2026

Os beneficiarios dos servizos médicos do SERGAS levan tempo denunciando a tardanza en seren atendidos nos centros de saúde da Xunta polos equipos médicos dos que os mesmos están dotados. Longas esperas fan que a paciencia dos enfermos conduzan a estes ao Defensor do Doente para presentar reclamacións por mor de atrasos que, en determinadas especialidades -caso da neuroloxía, no centro de enfermidades do Ventorrillo, na Coruña- chegan a ser de ata cinco ano (Cinco Anos, si), mentres que os seguros privados recomendan a eses mesmos enfermos que comparten un seguro pagado por eles e a Sanidade Pública (asimesmo por eles pagada) que acudan ao SERGAS para solucionaren o problema que lles afecta -por exemplo unha neuropatía- porque aqueles, os seguros privados, non dispoñen dos medios que sí teñen na asistencia médica pública. En concreto, no CHUAC (Centro Hospitalario Universitario da Coruña).

Curiosamente, son os centros públicos os que asimesmo recomendan a determinados doentes que, en intervencións cirúrxicas -como poden ser as relacionadas coa traumatoloxìa- utilicen os servizos privados xa que logo esta intervención seguro que se vai producir antes debido á saturación da sanidade pública.

Quen me compra un lío?

A maior abundamento: o SERGAS, entidade responsable da sanidade pública galega, carece do persoal auxiliar necesario para, por exemplo, atender a persoas dependentes que non poden valerse por si mesmas para cuestións tan esenciais como é moverse da cama a unha cadeira ou deste á cama durante a tarde porque, aseguran membros dese servizo auxiliar fundamental, só se atende ese servizo nas quendas da mañá e a noite. Pola tarde non hai auxiliares e as necesidades dos doentes deben ser cubertas pola boa vontade doutro persoal ou, como acontece decote, polos familiares ou visitantes a tales horas dos internos. 

Pagar un seguro privado non garante atención. Pero tampouco a garante o pago das cotas ao SERGAS durante toda a vida laboral.

Para maior sorpresa dos que dependemos do SERGAS, velaí unha proposta sorprendente que,  ao mellor, pode ser a solución a moitos problemas emanados da carencia de persoal médico nos servizos de asistencia hospitalaria: o presidente do Instituto de España da Rel Academia de Farmacia ten a solución a ese grave problema e non é outra que as receitas para os enfermos sexan feitas por farmacéuticos a partir das indicacións do médico. 

O que, se mal non entendo, significa que o médico disporá e tempo para trasladar ao farmacéutico as súas instrucións para, deste xeito, acadar que ambos os dous -médico e farmacéutico- adiquen boa parte do seu tempo á expedición de receitas, servizo para o que na actualidade semella non haber tempo garantido.

Outros artigos

“Barbacid, un científico pidiendo” – José Castro López

El cáncer de páncreas es una de las enfermedades más letales de su género y avanzar en su curación no es solo un éxito científico, es una esperanza tangible para miles de personas. Por eso, la investigación biomédica no es un lujo ni un capricho, es una inversión...

+

“Maria Reigosa”. Xulio Xiz

Poucas veces alcanza tanta notoriedade un membro da Corporación municipal de Lugo como agora ocorre con María Reigosa, incorporada xa avanzada a lexislatura por parte do P.S.O.E. O protagonismo dos concelleiros queda diluído no papel dos grupos municipais, como o dos...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Nos reímos poco”. José Castro López

“Nos reímos poco”. José Castro López

La muerte de Fernando Esteso invita a mirar atrás con una mezcla de ternura y gratitud.No fue un gigante del cine, pero fue un showman que cantaba, contaba chistes, imitabavoces… Fue un cómico popular y familiar, de sobremesa compartida, capaz de provocarcarcajadas y...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.