Sol Agra participa en Boiro na presentación da asociación Aloumiña e na clausura de “Ser e Sentir”

26 Xaneiro 2026

Sol Agra, responsábel de Igualdade na Deputación da Coruña, asistiu este sábado 24 no Centro Social de Abanqueiro á presentación da Asociación de Mulleres do Rural Aloumiña, unha entidade sen ánimo de lucro impulsada por veciñas da parroquia coa finalidade de crear espazos comunitarios seguros, favorecer o benestar persoal e colectivo e fomentar a participación social no ámbito rural.

Desde a asociación explicaron que o proxecto nace coa vontade de contribuír a que o rural siga sendo un espazo atractivo para vivir e desenvolver proxectos de vida, apostando pola igualdade, a creación de comunidade e a posta en valor das oportunidades existentes fóra das grandes cidades.

Ademais, deputada participou —tamén na localidade barbanzá— na actividade Vicio houbo sempre, da narradora Atenea García, unha proposta de narración oral para público adulto que puxo o peche á edición 2025 da campaña Ser e Sentir, impulsada pola Área de Igualdade da Deputación da Coruña.

Sol Agra subliñou que Ser e Sentir non se concibiu como unha iniciativa puntual ao redor do 28 de xuño, Día da Diversidade Sexual, senón como unha campaña desenvolvida ao longo de todo o ano, cun amplo calendario de accións descentralizadas en distintos concellos da provincia para promover a igualdade, o respecto á diversidade afectivo-sexual e de identidade de xénero e a sensibilización social.

A deputada reafirmou o compromiso da Deputación da Coruña coa defensa dunha sociedade máis xusta, diversa e igualitaria, e puxo en valor tanto as campañas institucionais como o papel das iniciativas comunitarias que traballan desde o territorio para avanzar en dereitos e cohesión social.

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.