Ribeira renova a súa distinción como Cidade da Ciencia e a Innovación

04 Xaneiro 2026

Ribeira é unha das 17 cidades Innpulso que renova a súa distinción de Cidade da Ciencia e a Innovación por apostar por políticas locais innovadoras nos seus territorios. No caso ribeirense, o galardón atópase na categoría de municipios de 20.001 a 100.000 habitantes; un recoñecemento obtido no 2015 e que se mantivo ao longo destes anos dado que “é unha urbe que busca de forma sistemática e deliberada facer cousas novas ou facer as mesmas cousas de maneira diferente, propóndose retos significativos e desafíos que aporten valor á cidadanía e á sociedade no seu conxunto e dándolles resposta a través de proxectos de innovación e desenvolvemento urbano”, destaca a alcaldesa, María Sampedro.

Nos últimos anos procedeuse coa instalación de cargadores móbiles na vía pública, implantación dos sistema de cartelería dixital, pasos peonís intelixentes, mobilidade sostíbel, a rehabilitación da Casa Consistorial, a posta en marcha da Aula CeMIT ou os bonos AmaRibeira, entre outras moitas intervencións, segundo salientou a rexedora, engadindo que “son medidas en materia de infraestruturas e servizos sempre coa mirada posta nunha Ribeira máis intelixente, sustentábel, turística e humana”.

Engadiu que Ribeira Atlántica 2015 “marcou a folla de ruta para definir o futuro da cidade, dándolle continuidade co Máis Ribeira Atlántica apostando pola Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sostíbel e Integrado (EDUSI), ambos financiados con fondos FEDER”. Ademais, apuntou, “o novo paradigma que trouxo consigo os ODS impulsaron a Axenda Urbana de Ribeira Atlántica no ano 2022, para nos anos posteriores, financiar actuacións definidas no Plan de Acción Local da Axenda Urbana a través de Fondos Next Generation e continuar avanzando agora mediante a Estratexia de Desenvolvemento Integrado Local Ribeira Atlántica 2030”.

Outros programas nos que se atopa inmersa a Administración local ribeirense son o Plan de Sustentabilidade Turística en Destino (PSTD), o Programa de Impulso á Rehabilitación dos Edificios Públicos (PIREP) e o Programa de Transición Enerxética.

A distinción permite a Ribeira formar parte da Rede Innpulso, xunto con outras 100 cidades de España, ademais de beneficiarse do exclusivo financiamento que permite dispor dun Axente Local de Innovación.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.