Co inicio de 2026, a Agrupación Voluntarios Protección Civil Noia iniciou unha campaña de captación de “voluntariado sen ánimo de lucro e con espírito solidario a servizo da cidadanía”. Ao abeiro desta campaña abriuse o prazo para novas novas incorporacións. Poderán adherirse á agrupación persoas maiores de 18 anos con “vocación de servizo e ganas de axudar”. Protección Civil ofreceralles formación específica e práctica en primeiros auxilios, busca de persoas extraviadas, extinción de incendios e atención en situacións de emerxencia e accidentes. As persoas interesadas poden escribir un correo electrónico a a.v.p.c.noia@gmail.com, ou enviar unha chamada ou unha mensaxe de Whatsapp ao teléfono móbil 606 96 50 20.




