“Para ver á miña rula, para ver ao meu querer” – Antón Luaces

23 Xaneiro 2026

Cando este venres estea a navegar entre o lusco e o fusco, o novo edificio do histórico Circo de Artesáns da Coruña acollerá, grazas ao labor da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda, a estrea de Pucho Boedo, 40 anos de lenda, documental creado por Xurxo Souto, a voz do barrio de Monte Alto que inventou e modulou o Bravú e un dos máis significados defensores do coruñesismo dos últimos 40 anos.

Pucho Boedo, a quen coñecín e tratei asiduamente (ambos os dous temos pasado moi afincado en Radio Juventud da Coruña) ata o seu pasamento o 26 de xaneiro de 1986, foi nado na Silva (A Coruña) en 1929. Segue a ser unha das figuras máis idolatradas polos galegos amantes da música da súa terra, primeiro coma cantante de Los Trovadores (inesquecible o seu tango Chessman, con Pucho como solista) e posteriormente con Los Satélites para pasar a formar parte indisoluble de Los Tamara (chamado por Prudencio Romo) durante anos que os galegos nunca esqueceremos porque sempre ficará na nosa lembranza coma “o crooner da fin do mundo”. 

Pucho Boedo tiña unha lexión de seguidores entre os galegos da emigración, nomeadamente en Suiza e Francia, onde nas súas cancións deu vida propia a poetas coma Curros Enríquez, Celso Emilio Ferreiro, Rosalía de Castro e mesmo Eduardo Pondal.

Convertida Radio Juventud de Galicia en Radiocadena Española, a conexión desta emisora radiofónica con Pucho Boedo foi moi esporádica: o crooner vivía en boa medida do seu pasado en Palma de Mallorca. E cando voltou á súa Coruña, foi un verso libre da galeguidade, vestindo nas actuacións unha camisa branca que era a bandeira galega que lucía orgullosamente.

Un fallo cardíaco na noite do tráxico 26 de xaneiro de 1986 levouno para sempre ao cemiterio de San Amaro onde segue a lle cantar a Curros, a Rosalía, a Pondal e a Celso Emilio deixando ca luz do facho de Hércules leve nos seus sons polo mar e o vento ata onde todos os galegos nos xuntaremos algún día.

                   “Aínda que me atope moi lonxe, miña terra querida, eu sei que xamáis te esquecerei”.

Outros artigos

“El anfiteatro de un pícaro”. José Castro López

Guardo en una carpeta noticias tan extrañas y sorprendentes que no serían creíbles comoverdaderas si no aparecieran publicadas en periódicos serios. Bueno, pues hace unosdías incorporé a ese peculiar archivo la historia de Franco Malosso, un ciudadano de lasiempre...

+

“Saúde pública en Europea” – José Manuel Pena

O beber demasiado alcol, o fumar, o non facer exercicio, o abusar das drogas ou o comer alimentos que nos fan dano, son algunhas das ameazas para a nosa saúde que provén do modo e o estilo de vida de cada un de nós. Resulta extraordinariamente preocupante de que o...

+

“CRÓNICAS RIBEIRENSES: Pezzo número 1, fuoco!” – Antón Luaces

Era funcionario do sindicato vertical franquista. E desde os vellos tempos (anos 50 do século pasado) xogaba con Moncho "Mocas" (daquela un dos poucos perruqueiros de Ribeira) a quiniela semanal que se selaba exclusivamente no café de Núñez, sito na rúa Rosalía de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El teatro contra el algoritmo”. Alberto Barciela

“El teatro contra el algoritmo”. Alberto Barciela

¿Qué es comedia?, se preguntaba Agustín de Rojas allá por el siglo XVI, y él mismo se respondía con la voz del artesano: “Una pintura viva, un espejo de las costumbres, un espejo de la vida, un retrato de las verdades, una imagen de las virtudes, un aviso de los...

“Coma en Bizancio”. Xosé Antonio López Silva

“Coma en Bizancio”. Xosé Antonio López Silva

O 1 de setembro comeza o ano.Non hai discusión posible se un repara no que sucede nas casas estes días. Desfanse as maletas tras o descanso do verán, aínda que hoxe hai quen fale, en tecnicismo, de vacacións desestacionalizadas ou esas microvacacións que traen consigo...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.