Os Reis Magos reciben a máis de 120 nenos e nenas na Casa a Cultura de Lousame

05 Xaneiro 2026

Algo máis de 120 nenos e nenas acudiron na mañá deste luns 5 de xaneiro á recepción de Reis organizada polo Concello de Lousame.

Tras a elevada participación rexistrada no Festival de Reis da tarde do domingo 4, que encheu de actividades de lecer (xogos, inchábeis e chocolate con churros) o Polideportivo Municipal Pilar Barreiro Senra; esta mañá a festa moi moito máis tranquila, xa que as Súas Maxestades recibiron no auditorio da Casa da Cultura durante cinco minutos a todas as familias que reservaron a súa entrada.

Así, entre as 10:30 e as 14:00 horas, cativada e persoas adultas puideron parolar un anaco con Melchor, Gaspar e Baltasar. Nun escenario adornado para a ocasión con moitas luces e motivos de Nadal, os pequenos aproveitaron para lembrarlles os seus desexos para esta noite. Mentres papás e mamás non deixaban de tirar fotografías dos pequenos co seu Rei Mago favorito, os pequenos desfrutaban das lambonadas que lles acababan de agasallar.

O acto contou coa asistencia do alcalde, Esteban Ares, acompañado polas concelleiras de Cultura, Silvia Agrafojo; e Deportes, Mariel Agrafojo. O alcalde aproveitou para agradecer “a gran participación veciñal tanto no Festival de Reis de onte como nesta Recepción de hoxe na que, por primeira vez e dando resposta á petición realizada por algunhas familias, contamos tamén cun horario especial sen música ambiente e con menos intensidade lumínica para favorecer a participación de crianzas con necesidades especiais ou trastorno do espectro autista”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

Hai case oito séculos, as Sete Partidas de Alfonso X pretendían establecer unhas regras comúns para ordenar a sociedade. Hoxe vivimos nunha democracia con leis e mecanismos de control, pero segue vixente unha pregunta fundamental: de que serven as normas se quen debe...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.