Os cursos de 8 horas de Formación Dixital permiten acreditar o noso nivel de competencias dixitais intermedias

22 Xaneiro 2026

Co inicio do novo ano a Xunta de Galicia impulsa o programa Formación Dixital, unha iniciativa 100% gratuíta, en liña e titorizada para mellorar as competencias dixitais da cidadanía. A formación, dispoñíbel en galego e en castelán, está dirixida a persoas maiores de 14 anos residentes en España. Inclúe diploma oficial da Xunta (250 horas + 10 ECTS).

A través deste programa, as persoas participantes poden mellorar competencias dixitais, familiarizarse cos trámites coa Administración sen desprazamentos, ter navegacións seguras e contar con máis oportunidades formativas e laborais. Tamén terán a oportunidade de prepararse para a certificación galega ComDix.

A inscrición pode facerse a través da web Formaciondixital.gal

Formación Dixital é un proxecto para que, en só 8 semanas de curso, poidamos acreditar o noso nivel en competencias dixitais intermedias.

Con esta formación seremos quen de resolver dixitalmente desde cuestións sinxelas do día a día ata outras máis complexas, e coñecer procesos cambiantes nun mundo no que a tecnoloxía avanza en todos os ámbito das nosas vidas.

Como dixemos, ao finalizar a formación, obteremos un diploma acreditativo cunha equivalencia de 250 h. (10 ECTS.) que “pode abrirnos moitas portas tanto a nivel persoal como profesional”, informou a Xunta.

Formación Dixital é un programa de competencias dixitais intermedias ao que xa se sumaron máis de 20.000 persoas, que xa cumpriron un dos seus propósitos.

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.