O Liceo de Noia e a Creba organizan o XXII Torneo de Tenis de Mesa

27 Xaneiro 2026

Este venres 30 de xaneiro a Sociedade Liceo de Noia (rúa Frei Lois Rodríguez) e máis A Creba organizan a XXII edición do seu Torneo Tenis de Mesa, un acontecemento deportivo plenamente consolidado que reúne a máis de 40 deportistas de distintas asociacións nunha xornada de deporte, convivencia e inclusión.

Participan: Saúde Mental Ferrol, Lenda, DOA, APEM, Andaina, Alume, e a asociación inclusiva A Creba, con sede no Barbanza (en Noia e Ribeira) e centrada na integración social e a na saúde mental.

Celébrase este venres de 10.00 a 13.30 h

Trátase, en palabras da organización “dun encontro onde o tenis de mesa convértese nunha ferramenta de integración, compañeirismo e benestar”.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.