O Liceo de Noia celebrará o Entroido con música, disfraces e unha viaxe no tempo aos anos 80

27 Xaneiro 2026

A Sociedade Liceo de Noia compartiu nas redes o programa de actividades para a celebración 2026 do Entroido, “unha axenda divertida con música, disfraces e moito ambiente”.

As actividades comezarán o sábado 14 de febreiro cunha gran festa nocturna (ás 23.00 horas) que contará coa presenza estelar de Blanca Doble. Haberá sorteos entre as persoas disfrazadas.

O domingo 15 de febreiro será unha xornada plenamente para a rapazada, cunha festa infantil de disfraces que dará comezo a media tarde, a partir das 17.30 horas, e que contará coa presenza de inchábeis, un posto de algodón de azucre e unha disco móbil.

A troula proseguirá o sábado 21 de febreiro, cunha cea-piñata para viaxar no tempo aos anos 80. Dará comezo ás 22.00 horas e estará amenizada por DJ Belish. Haberá sorteos entre os disfrazados.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...