O Concello de Noia retira o quiosco da ONCE do IES Virxe do Mar

29 Xaneiro 2026

O Concello de Noia confirmou que este 29 de xaneiro, grazas á coordinación coa ONCE, foi retirado o quiosco de xogo que estaba diante do IES Virxe do Mar. “Este paso forma parte do noso compromiso por protexer ao alumnado e garantir contornas saudábeis arredor dos centros educativos”, informou o Concello, engadindo que “co cumprimento das normas que establecen distancias entre estabelecementos de xogo e centros de ensino para reducir a exposición de menores aos xogos de azar, reforzamos a seguridade e o benestar da nosa mocidade”.

Dende o Concello tamén salienta que coa retirada do quiosco avánzase na protección urbana da fachada e do valor histórico dun edificio emblemático de Noia como o IES Virxe do Mar.

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.