“Nin contigo nin sen ti, teñen os meus males remedio”. Antón Luaces

14 Xaneiro 2026

Radiotelevisión Española non ten remedio. Cando non é por unha cousa, será pola outra; máis nunca chove a gusto de todos. 

Cando se acordou maioritariamente apoiar a creación do Consello de Informativos fomos moitos os que demos un paso avante para que o devandito Consello fose unha realidade tanxible que nos fixera esquecer as aínda recentes discusións en relación cos pasos a dar para facer que o Consello acabado de consensuar fose algo máis que un bo desexo.

Xa en marcha este, xurdiron as primeiras críticas ao seu labor e as liortas xeradas polo intento de acadar, senón un acordo unánime, si a o menos a posta en común da idea do funcionamento dun órgano non dependente da dirección e con capacidade de determinación á hora de establecer regras que permitisen que un medio de comunicación público se desvinculara dos intereses políticos e/ou económicos imperantes na España constitucional, recente aínda a ditadura franquista.

De aquel primeiro Consello de Informativos gardo memoria das duras críticas á perda de audiencia tanto na Radio (coa forte competencia establecida polas emisoras privadas) coma na TV. (perdida xa a condición de ser TVE a única cadea existente en todo o país). A culpa foi para o intento de externalizar programas e informativos, sen ter en conta a existencia dunha competencia ata entón inexistente.

Case medio século máis tarde e cado programas e informativos de TVE e RNE recuperan boa parte da audiencia perdida grazas a programas como La Revuelta, Mañaneros 360, Malas lenguas, o musical Aria, os novos aires  dos telexornais e 24 horas, rexorden as vellas críticas: a externalización da produción  cando en realidade é grazas a esa externalización que RTVE recuperou boa parte dunha audiencia que se consideraba perdida. 

A Radio e a Televisión públicas non son o ensino ou a sanidade: poden  -e deben- competir en calidade. Só esta permite e admite a competencia que, unha outra vez, critica con dureza o Consello de Informativos de TVE que bota man novamente do incumprimento das “normas fundamentais para a elaboración de información en RTVE” no que semella ser un novo intento de marcha atrás que beneficiaría exclusivamente a unha competencia moi interesada en recuperar unha audiencia que lles proporciona píngües beneficios.

Outros artigos

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

+

Novo número de Código Cero, revista de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero o 278, na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.