Comezan nos institutos da provincia as representacións da obra teatral anti-acoso “Papel 2.0”, que recala este venres no IES da Pobra

13 Xaneiro 2026

O IES Fernando Esquío de Neda acolleu este luns 12 pola mañá a primeira representación de Papel 2.0, a obra teatral promovida pola Deputación da Coruña para previr e concienciar sobre o acoso e o ciberacoso escolar entre a mocidade. O espectáculo marca o inicio dun programa que, entre os días 12 e 16 de xaneiro, percorrerá seis institutos de educación secundaria obrigatoria da provincia.

O alumnado de Neda foi o primeiro en asistir a esta proposta escénica da compañía Ventrículo Veloz, que utiliza o teatro como ferramenta educativa para fomentar a reflexión crítica, o diálogo e a empatía arredor do bullying nas aulas. Tras a función, o estudantado participou nun coloquio co elenco artístico, no que puido compartir impresións e debater sobre as situacións expostas na obra.

Papel 2.0, escrita e dirixida por Jose Padilla, é unha peza teatral dirixida a público adolescente que aborda a violencia do acoso escolar con humor ácido e unha linguaxe próxima á mocidade. A partir dun feito aparentemente trivial (o lanzamento de rolos de papel hixiénico nunha aula) a obra constrúe un mosaico de escenas que reflicten a banalización do bullying desde múltiples perspectivas: alumnado, familias, profesorado, medios de comunicación e redes sociais.

O espectáculo combina referencias culturais próximas ás novas xeracións cunha linguaxe actual, cargada de referencias ao universo dixital (a rede social Tik Tok, o videoxogo Fornite, a cultura gamer, os memes e o audiovisual en formato streaming) co obxectivo de “interpelar ao público novo e provocar unha experiencia tan lúdica como incómoda, que convida a mirar de fronte unha realidade aínda moi presente nos centros educativos”, informou presidente da Deputación, Valentín González Formoso, destacando que esta iniciativa “enmárcase no compromiso da Deputación de promover a erradicación de condutas como o acoso na escola, usando da cultura como ferramenta de concienciación para a mocidade”.

Pola súa banda, a deputada de Educación, Yoya Neira, explicou que “a loita contra o acoso escolar debe ser unha prioridade compartida, e proxectos como Papel 2.0 permiten que o alumnado identifique estas situacións, reflexione sobre elas e aprenda a rexeitalas desde a empatía e o respecto. A concienciación e sensibilización da mocidade é a mellor forma de previr o acoso”, afirmou.

As representacións terán unha duración aproximada de 50 minutos e completaranse cun coloquio posterior co elenco de actores e actrices, no que o alumnado poderá compartir as súas impresións e experiencias, reforzando así o carácter participativo e educativo da iniciativa.

Calendario das representacións de Papel 2.0

Luns, 12 de xaneiro. Neda

11:00 h

IES Fernando Esquío – Neda

Martes, 13 de xaneiro. Sada e Oleiros

9:30 h

IES Isaac Díaz Pardo – Sada

13:00 h

IES María Casares – Oleiros

Mércores, 14 de xaneiro. Carballo

11:30 h

IES Alfredo Brañas – Carballo

Xoves, 15 de xaneiro. Oroso

10:30 h

IES de Oroso – Oroso

Venres, 16 de xaneiro. A Pobra do Caramiñal

10:30 h

IES A Pobra do Caramiñal – A Pobra do Caramiñal

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...