Casa RIA inaugura “Deseño para vivir”, a primeira exposición monográfica dedicada aos obxectos deseñados por David Chipperfield

29 Xaneiro 2026

Casa RIA, a sede da Fundación RIA en Santiago, compartiu detalles da que será a primeira exposición monográfica dedicada ao traballo de deseño desenvolvido por David Chipperfield Design ao longo dos últimos 35 anos. A mostra transformará o edificio nun espazo de reflexión sobre o deseño como acto de coidado, enraizado no material, no territorio e na vida cotiá.

A exposición inaugúrase o xoves 5 de febreiro e, durante 4 meses, as dúas primeiras plantas de Casa RIA acollerán unha selección de máis de 50 obxectos, xunto con prototipos, referencias e bosquexos que reflicten de maneira integral o proceso de deseño, tendo como base os recursos materiais ofrecidos polo territorio.

A mostra complétase cunha programación continuada de actividades que se desenvolverán nos vindeiros meses.

A inauguración da mostra dará comezo ás 18:30 h coa primeira actividade enmarcada dentro do programa público: Deseño para vivir, unha conversa arredor do deseño de obxectos e da traxectoria do estudio de deseño do arquitecto inglés afincado en Corrubedo (Ribeira), David Chipperfield, que participará xunto con Dirk Gschwind e Paolo Dell’Elce, director xerente e director de deseño de David Chipperfield Design respectivamente. Este evento é de carácter privado e baixo invitación.

Ás 19:30h a mostra estará aberta ao público ata completar aforo. Durante o acto realizarase unha breve presentación na que intervirán David Chipperfield, presidente da Fundación RIA, Celeste Chipperfield, directora de Casa RIA e Manuel Rodríguez, director da Fundación RIA.  Ao remate, os asistentes poderán visitar a exposición acompañados dun cóctel a cargo do equipo da Cantina.

Esa mesma mañá, de 12:00 a 13:00 h, celebrarase unha presentación da mostra dirixida a autoridades e a outras entidades clave para a xestión do territorio, con acceso libre para a prensa.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.