Barbantia celebra en Rianxo a súa asemblea ordinaria o 30 de xaneiro e máis a presentación dunha escolma poética de Sanshô-Dôei e Eihei Dōgen

23 Xaneiro 2026
Screenshot

A Asociación Cultural Barbantia vai celebrar a súa asemblea xeral ordinaria no Auditorio Municipal de Rianxo, o vindeiro 30 de xaneiro en dúas quendas (con primeira convocatoria a partir das 18.30 horas e segunda ás 19.00 horas). A xuntanza das persoas integrantes desta asociación comarcal, referente cultural e literario do Barbanza e Galicia, complementarase cunha presentación editorial, na mesma xornada do venres 30 de xaneiro e no mesmo marco (o Centro Sociocultural Auditorio de Rianxo) ás 20.30 horas: a presentación do libro trilingüe xaponés-francés-galego: Sanshô-Dôei. Eihei Dōgen(永平道元). Escolma, tradución do francés ao galego de Eme Cartea e ilustracións de Doroteo Arnáiz.

Participarán no acto: María Xesús Blanco (presidenta da A. C. Barbantia), Valentín García Gómez (secretario xeral da Lingua), Doroteo Arnáiz (ilustrador), Eme Cartea (tradutor) e o alcalde de Rianxo, Julián Bustelo Abuín.

O acto contará cunha intervención plástica a cargo do artista barbanzán Jontxu Argibay e apertura e peche musical a cargo da Escola de Música de Rianxo.

Este acto está enmarcado nos Actos Castelao 2026 que organiza o Concello de Rianxo.

A saída do suplemento cultural A Voz de Barbantia número 211 será o sábado 31 de xaneiro conxuntamente con La Voz de Galicia.

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.