A XXI Semana Francisco Lorenzo Mariño volveu converter Aguiño en capital cultural do Barbanza (a axenda remata este domingo da man de Peter Punk)

25 Xaneiro 2026

Esta fin de semana estanse a celebrar en Aguiño os actos da XXI Semana Cultural Francisco Lorenzo Mariño, organizados pola asociación que leva, tamén, o nome do benquerido párroco da parroquia, ao que volveu homenaxear a veciñanza este domingo 25 de xaneiro cunha ofrenda floral.

A axenda arrincou o pasado venres na Casa do Mar coa conferencia a cargo de Pastor Rodríguez Santamaría, filólogo, coordinador de Barbantia e director do Museo do Gravado de Artes, sobre escritoras e escritores locais; foi un relatorio ameno e moi interesante e do que gozaron os preto de cen asistentes á mesma; na mesa presidida por Elvira Pisos, presidente da asociación Francisco Lorenzo, que abriu e pechou o acto, estiveron tamén o tenente de alcalde, Vicente Mariño, que inaugurou a XXI SC FLM e a concelleira de Cultura, Ana Barreiro.

Os dous edís agradeceron á asociación o traballo destas dúas décadas, enxalzaron o legado do párroco Francisco Lorenzo Mariño, “Paco de Aguiño” como se coñecía no pobo e nos ámbitos galeguistas, e destacaron a importancia deste evento que organiza a asociación dende fai 21 anos todos os xaneiros coincidindo co aniversario do pasamento do sacerdote en 2004.

Tamén actuaron as cantareiras As Sete Linguas pertencentes á asociación, con catro temas e unha duración de 20 minutos na que empregaron pandeiretas, latas e tarteiras para interpretar melodías e cantos populares recuperados polas aldeas e lugares de Galicia.

O venres rematou cun ágape de confraternidade servido no andar superior da Casa do Mar. Asistiron tamén ao acto outros membros da Corporación local como Luís Pérez Barral, Fernando Abraldes, Nucha Brión ou Vicente Reiriz así como a presidenta de Barbantia, Chus Blanco, colaboradora nesta xornada cultural, o presidente dos Xubilados de Aguiño, Manolo Pérez ou o patrón maior da Confraría de Carreira e Aguiño, José Antonio Santamaría entre outros como directivos da asociación.

Os actos comezaron ás 20:30 h rematando ás 22:30 h e pese ao temporal, aínda que a afluencia foi menor da doutros anos, case un cento de persoas gozaron da xornada na que Pastor falou de case 80 creadores literarios entre os que destacan Andrés Torres Queiruga, Daniel Bravo Cores, Quico Cadaval, Carlos Callón, Antonio Piñeiro, Fidel Vidal, Xosé Ramón Barreiro, Xabier López Marqués, Chus Blanco ou Unai González, a quen citou a pesar de dicir que “serían máis de douscentos os que actualmente se contabilizan no concello de Ribeira”.

A xornada do sábado estivo marcada por actos de homenaxe ao primeiro párroco de Aguiño, tendo que trasladar a Ofrenda Floral e Manifesto do cemiterio do Son ao adro da Igrexa de Aguiño debido á alerta pola borrasca Ingrid; así celebrouse fronte ao busto de Francisco Lorenzo, ás 18:30 h, acompañado polas gaitas de Os Liantes de Artes, a ofrenda cun ramo de rosas vermellas e o lazo da bandeira de Galicia ademais dunha candea.

No manifesto que leu a presidenta da asociación, Elvira Pisos, reivindicábase o legado de “Paco de Aguiño” pero tamén se manifesta o rexeitamento e a protesta, á vez que a denuncia pública, contra a tiranía de Trump e a súa policía migratoria, ademais de rachar o dereito internacional en Venezuela e agora con Groenlandia; a guerra interminable de Ucraína pola invasión de Rusia ou o xenocidio de Palestina cometido por Israel, impune ante boa parte do mundo.

Houbo tamén lembranza para as vítimas do accidente ferroviario en Adamuz así como aos finados na parroquia de Aguiño neste ano e en especial a Ventura “a Lorcheira”, unha compañeira da asociación á que tamén se lle levou un ramo de rosas ao cemiterio en San Paio onde está enterrada.

A continuación foi a misa do XXII Aniversario do Pasamento de FLM, na igrexa parroquial do Carme de Aguiño e rematouse coa contada de María da Pontragha na Casa do Mar ás 20 h, que fixo as delicias dos asistentes, algo máis de 100 persoas, baixo o título Donas do lugar reivindicou o papel das mulleres galegas contando contos recollidos na oralidade popular e centrados na Pontragha e no concello de Tordoia de onde ela é. A sesión rematou ás 21:30 h.

O ramo da ofrenda foi sostido por Ramona Paz Muñiz e Lola Gude Millán, a candea por Pamela Paz Sampedro.

Os gaiteiros dos Liantes son Ventura Otero e Xerardo Sobrido, o manifesto leuno Elvira Pisos Arnoso.

A nova edición das xornadas da Semana Cultural rematará este domingo 25 de xaneiro cun espectáculo infantil e familiar, tamén na Casa do Mar, ás 17:30 h a cargo de Peter Punk, Con lingua propia, con entrada de balde; entregarase a tódolos cativos que asistan unha bolsas de lambetadas.

A asociación agradeceu a presenza da xente “a pesar do temporal deste fin de semana”, tamén agradeceu o apoio da Concellería de Cultura de Ribeira e da área de Cultura da Deputación da Coruña así como de empresas patrocinadoras do noso proxecto cultural anual, como Conresa, Digar de Artes, Farmacia de Aguiño, Fripusa, Combustibles Puebla, Hotel Punta Couso e Fabri Barbanza.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“El Rey legitimó la Corona”. José Castro López

“El Rey legitimó la Corona”. José Castro López

El Gobierno dio un paso significativo desclasificando documentos del fallido golpe de Estado del 23 de febrero de 1981. Aquel día, con la irrupción de Antonio Tejero en el Congreso, la incertidumbre paralizó al país y la joven democracia española vivió su momento más...

“Catálogo de estrellas”. Mario Clavell

“Catálogo de estrellas”. Mario Clavell

Hace tres semanas fue publicado el muy simpar catálogo REGALADE que enumera y da distancias y medidas de ochenta millones de galaxias en el cosmos observable. Distan hasta seis mil millones de años luz, y permite que los astrónomos identifiquen muchas más galaxias y...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.