A veciñanza de Noia de todas idades poderá formarse en novas tecnoloxías seguras grazas á CMUS e ao Concello

12 Xaneiro 2026

Co inicio do novo ano, o CMUS Felipe Paz Carbajal (Conservatorio de Música), en colaboración co Concello de Noia, pon en marcha unha nova oferta de actividades gratuítas de formación en saúde dixital, dirixidas a diferentes idades (tres seccións de idade), co obxectivo de mellorar o uso seguro, útil e responsábel das tecnoloxías.

Os programas están adaptados a cada etapa e inclúen contidos como intelixencia artificial e novas tecnoloxías, ciberseguridade e protección na Rede, competencias dixitais básicas, uso práctico do móbil e dispositivos e ferramentas dixitais para o día a día e para o emprego.

Haberá unha vertente para nenas e nenos de 7 a 17 anos: un campamento de saúde dixital con actividades sobre ciberdefensa, videoxogos responsábeis, tecnoloxía segura e competencias dixitais.

Tamén haberá actividades para veciñas e veciños de idades comprendidas entre os 18 e os 65 anos, con formación en saúde dixital centrada especialmente na intelixencia artificial, creación de contidos, optimización do esforzo dixital e busca de emprego.

As persoas maiores de 65 anos tamén terán formación específica ao seu dispor, con formación práctica para gañar autonomía e apoderamento dixitais, aprender a usar o móbil, facer trámites en liña e navegar con seguridade.

As actividades levaranse a cabo os sábados, do 24 de xaneiro ao 14 de febreiro, en horario de 9.00 a 13.00 horas. As sesións serán cen por cen gratuítas, e as persoas interesadas en participar poden inscribirse a través da conta cmus.profesional.carbajal@edu.xunta.gal ou do teléfono 981 824 885. Trátase dunha “oportunidade perfecta para achegarnos ao mundo dixital de forma sinxela, segura e adaptada a cada idade”, informaron dende a CMUS.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.