A mostra de arte dixital Castelao. Mirar por Galicia chega á súa derradeira semana superando as 34.000 visitas

05 Xaneiro 2026

A exposición de arte dixital Castelao. Mirar por Galicia despídese da Cidade da Cultura o vindeiro domingo 11 de xaneiro superando xa as 34.000 visitas. Organizada pola Xunta de Galicia en colaboración coa Fundación Castelao, a mostra representa a experiencia tecnolóxico-cultural máis avanzada ata o momento ao redor desta figura. Trátase, como lembraremos, dun percorrido que emprega tecnoloxías como intelixencia artificial, realidade virtual ou videomapping para afondar o devir persoal, literario, artístico e político dunha das figuras máis senlleiras da Comunidade.

Enmarcada na programación da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude con motivo do Ano Castelao, celebrado en 2025, a mostra conformouse como unha experiencia inmersiva e divulgativa “que aposta por un uso ético e rigoroso das novas tecnoloxías de IA”, en palabras da Consellería, que lembra que estamos ante “un percorrido expositivo que permite achegar ao gran público unha visión anovadora da traxectoria vital de Castelao, restaurando fotografías históricas e permitindo recrear a súa imaxe e ata a súa voz, da que se conserva un único rexistro sonoro, gravado na Arxentina en 1941”.

Castelao. Mirar por Galicia conta coa dirección artística de Carlos Seijo, co-fundador do estudio galego Maxina e responsábel das animacións e produción dixital desta proposta, e coa asesoría histórica do presidente da Fundación Castelao, Miguel Anxo Seixas Seoane, considerado un dos maiores especialistas na biografía, obra e achegas da figura do intelectual de Rianxo.

Será precisamente Seixas Seoane o encargado de conducir unha conferencia e visita especial á exposición que o Museo Centro Gaiás programa o vindeiro sábado 10 de xaneiro, como colofón a este proxecto de arte dixital inaugurado o pasado mes de xuño.

A información sobre esta actividade, que contará con entrada de balde previa reserva de praza, publicarase nos próximos días na web da Cidade da Cultura de Galicia.

En liña cos obxectivos da Lei de cultura inclusiva e accesíbel de Galicia, Castelao. Mirar por Galicia incorporou un abano de medidas para achegar esta proposta cultural, sen barreiras, a todo tipo de públicos. Desde contidos en lingua de signos e bucle magnético (dispoñíbel no mostrador de acceso do Museo Centro Gaiás) a textos en formato de lectura fácil. A mostra contou ademais cun amplo programa de visitas, tanto enfocadas a público xeral como adaptadas a grupos escolares, para achegala de xeito transversal a toda a cidadanía.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.