A Garda Civil de Boiro desmantela dous puntos de venda de drogas e detén a cinco persoas

03 Xaneiro 2026

A Garda Civil de Boiro desarticulou dous puntos de venda de substancias estupefacientes na localidade, no marco da operación Zaguanes, e detivo a catro homes e unha muller como presuntos autores dun delito contra a saúde pública, outro de branqueo de capitais e un terceiro de pertenza a grupo criminal.

Garda Civil

A investigación, que estivo tutelada polo Xulgado de Instrución Número 2 de Ribeira, iniciouse no verán de 2025 tras detectarse un aumento de roubos en establecementos e furtos en vehículos. Durante as pescudas, os axentes pescudaron que a muller detida compraba as drogas nunha vivenda de Boiro e distribuíaas posteriormente desde o seu propio domicilio, o que xeraba un constante trasfego de toxicómanos na zona.

Coa correspondente autorización xudicial, a Garda Civil rexistrou ambos os inmobles e achou 226,64 gramos de heroína, 1.137 gramos de cocaína, 144,56 gramos de hachix, 43,16 gramos de marihuana, 3,97 gramos de MDMA e 3,12 gramos de éxtase, ademais de 6.300 euros en efectivo, útiles para a manipulación e distribución das substancias e outros efectos relacionados coa actividade delituosa.

Os cinco detidos foron postos a disposición do Xulgado de Instrución nº 2 de Ribeira, que decretou o ingreso en prisión do suposto xefe do grupo. Aos moradores das vivendas rexistradas tamén se lles imputou un delito de receptación, ao tempo que se procedeu á incautación de todos os obxectos intervidos.

Outros artigos

Unha fronte fría deixará chuvias e un descenso térmico este domingo

A nubosidade irá en aumento dende a mañá pola fachada atlántica, con precipitacións máis probables na Coruña, as Rías Baixas e a Mariña As temperaturas máximas experimentarán unha baixada moderada, mentres que as mínimas tenderán a subir A chegada dunha fronte fría...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.