A Deputación da Coruña leva aos institutos a obra teatral Papel 2.0 para previr o acoso escolar (con función na Pobra o día 16)

09 Xaneiro 2026

A Deputación da Coruña puxo en marcha unha nova iniciativa educativa e cultural dirixida á prevención do acoso escolar a través do teatro. Entre os días 12 e 16 de xaneiro, alumnado de seis institutos da provincia asistirá ás representacións da obra Papel 2.0, unha proposta escénica da compañía Ventrículo|Veloz que busca fomentar a reflexión crítica e o diálogo arredor do bullying nas aulas.

As funcións desenvolveranse en centros educativos dos concellos de Neda, Sada, Oleiros, Carballo, Oroso e A Pobra do Caramiñal, dentro dun percorrido que achega o teatro contemporáneo a distintos puntos da provincia.

Papel 2.0, escrita e dirixida por Jose Padilla, é unha peza teatral dirixida a público adolescente que aborda a violencia do acoso escolar con humor ácido e unha linguaxe próxima á mocidade. A partir dun feito aparentemente trivial (o lanzamento de rolos de papel hixiénico nunha aula) a obra constrúe un mosaico de escenas que reflicten a banalización do bullying desde múltiples perspectivas: alumnado, familias, profesorado, medios de comunicación e redes sociais. O espectáculo combina referencias culturais próximas ás novas xeracións cunha linguaxe actual, cargada de referencias ao universo dixital (a rede social Tik Tok, o videoxogo Fornite, a cultura gamer, os memes e o audiovisual en formatostreaming) co obxectivo de “interpelar ao público novo e provocar unha experiencia tan lúdica como incómoda, que convida a mirar de fronte unha realidade aínda moi presente nos centros educativos”, informou presidente da Deputación, Valentín González Formoso, destacando que esta iniciativa “enmárcase no compromiso da Deputación de promover a erradicación de condutas como o acoso na escola, usando da cultura como ferramenta de concienciación para a mocidade”.

Pola súa banda, a deputada de Educación, Yoya Neira, explicou que “a loita contra o acoso escolar debe ser unha prioridade compartida, e proxectos como Papel 2.0 permiten que o alumnado identifique estas situacións, reflexione sobre elas e aprenda a rexeitalas desde a empatía e o respecto. A concienciación e sensibilización da mocidade é a mellor forma de previr o acoso”, afirmou.

As representacións terán unha duración aproximada de 50 minutos e completaranse cun coloquio posterior co elenco de actores e actrices, no que o alumnado poderá compartir as súas impresións e experiencias, reforzando así o carácter participativo e educativo da iniciativa.

Calendario das representacións de Papel 2.0

Luns, 12 de xaneiro. Neda

11:00 h

IES Fernando Esquío – Neda

Martes, 13 de xaneiro. Sada e Oleiros

9:30 h

IES Isaac Díaz Pardo – Sada

13:00 h

IES María Casares – Oleiros

Mércores, 14 de xaneiro. Carballo

11:30 h

IES Alfredo Brañas – Carballo

Xoves, 15 de xaneiro. Oroso

10:30 h

IES de Oroso – Oroso

Venres, 16 de xaneiro. A Pobra do Caramiñal

10:30 h

IES A Pobra do Caramiñal – A Pobra do Caramiñal

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.