A Deputación da Coruña e o Concello de Boiro reúnense para mellorar a seguridade viaria nas estradas provinciais

16 Xaneiro 2026

Mellorar a seguridade viaria en estradas de titularidade da entidade provincial é o obxectivo da xuntanza que levaron a cabo o alcalde de Boiro, José Ramón Romero; o concelleiro de Urbanismo e Obras, Luis Ruiz; a deputada de Vías e Obras, Mónica Rodríguez e os técnicos da Deputación da Coruña. No encontro avaliáronse os puntos máis conflitivos e consideráronse as principais necesidades nunha visita aos puntos sobre os que se pretende actuar. “Agradecemos e visita da deputada e o persoal técnico para traballar de maneira conxunta nas principais necesidades en materia de seguridade das vías provinciais ao seu paso polo noso termo municipal”, afirmou o alcalde.

Máis en concreto, consideráronse actuacións en puntos do termo municipal de Boiro de tres estradas provinciais: na DP-1105 que une Boiro e Noia, na DP-1106 que vai a Abanqueiro e na DP-1103 que une Boiro e Lousame.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Barbacid, un científico pidiendo” – José Castro López

“Barbacid, un científico pidiendo” – José Castro López

El cáncer de páncreas es una de las enfermedades más letales de su género y avanzar en su curación no es solo un éxito científico, es una esperanza tangible para miles de personas. Por eso, la investigación biomédica no es un lujo ni un capricho, es una inversión...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.