A ABE intégrase no programa Xuventude Mentoring reforzando a súa aposta polo emprendemento e o emprego xuvenil

12 Xaneiro 2026

A Asociación Boirense de Empresas (ABE) vén de integrarse como entidade colaboradora no programa Xuventude Mentoring, impulsado pola Xunta de Galicia, reforzando así a súa aposta decidida polo fomento do emprego xuvenil e polo apoio ao talento novo, en coherencia coas accións que a entidade desenvolve de maneira continuada no ámbito do emprendemento.

Esta adhesión enmárcase na estratexia da ABE de favorecer a conexión entre a mocidade e o tecido empresarial, facilitando ferramentas reais para a inserción laboral e o desenvolvemento de proxectos emprendedores.

Lembrar que o programa Xuventude Mentoring está promovido pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia, en colaboración co CIXUG e coas universidades galegas, e conta co co-financiamento do Fondo Social Europeo.

O xerente da ABE, Tomás Estévez, destacou que “a integración neste programa é un paso máis no traballo que levamos anos facendo para apoiar ás persoas mozas que queren incorporarse ao mercado laboral ou poñer en marcha o seu propio proxecto”.

Neste sentido, sinalou que “dende a ABE estamos traballando en accións concretas, como a organización da mesa redonda sobre emprego e emprendemento na Feira de Emprego de Boiro, os asesoramentos individualizados a persoas emprendedoras ou a colaboración con distintos programas e entidades vencelladas á creación de empresas”.

Estévez subliñou tamén que “Xuventude Mentoring encaixa perfectamente coa nosa maneira de entender o apoio ao emprego xuvenil: acompañamento, contacto directo coas empresas e coñecemento real do mundo laboral”, engadindo que “é fundamental crear pontes entre o talento mozo e o empresariado, especialmente no ámbito local”.

A través desta colaboración, a ABE participará na promoción e difusión do programa, na organización e participación en actividades formativas e de networking, na realización de visitas a empresas e na posta a disposición de espazos para o desenvolvemento das distintas accións, contribuíndo activamente á mellora da empregabilidade das persoas participantes.

Dende a entidade destacan que “esta integración supón un reforzo do seu compromiso co desenvolvemento económico e social do territorio, apostando por un emprego de calidade, polo emprendemento xuvenil e polo relevo xeracional no tecido empresarial”.

Outros artigos

Rianxo e A Estrada xa son oficialmente concellos irmáns

Este luns 19 de outubro formalizouse finalmente a sinatura do protocolo de irmandamento entre os concellos da Estrada e Rianxo, historicamente unidos polas figuras de Virxinia Pereira Renda (A Estrada) e Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (Rianxo). A fraternidade...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

Hai case oito séculos, as Sete Partidas de Alfonso X pretendían establecer unhas regras comúns para ordenar a sociedade. Hoxe vivimos nunha democracia con leis e mecanismos de control, pero segue vixente unha pregunta fundamental: de que serven as normas se quen debe...

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

Soy un ciudadano de a pie, que no entiendo el organigrama gubernativo. Cierto que me siento con el derecho de considerar que los que ostentan algún tipo de cargos deberían tener los estudios oportunos, y no simplemente facilidad para comunicarse entre ellos y para...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.