“1.635” – Xulio Xiz

07 Xaneiro 2026

A U.E. veu racionalizar determinadas festas neste país trasladándoas ao domingo inmediato, para harmonizar o calendario de traballo nos diversos países, aínda que en ocasións como o Nadal sigan existindo festivos e vésperas alternándose con tal ritmo que é difícil tomar conciencia do carácter festivo ou feirado do día no que nos atopamos.

Esta incerteza non existe no PSOE provincial que ten que acomodar importantes asuntos no goberno provincial de cara ao próximo día 14, no que será elixido novo Presidente – neste caso, parece que Presidenta – da Corporación, tendo que facer encaixe axedrecístico para que non se derrube o castelo de naipes.

Como Tomé conserva a súa acta de deputado, o partido ten que atopar solución que a el non lle desagrade para lograr o seu voto afirmativo, parecendo telo conseguido coa designación por aclamación da alcaldesa de Burela, Carmela López, que nas primarias do PSOE deu o seu apoio a Tomé, pero ten conseguido a aprobación dos deputados do partido críticos coa executoria de Tomé.

Que en política non hai días festivos, é boa proba a elección da candidata en total consenso, da que cabe agardar un fervoroso exercicio á fronte do goberno provincial, sabendo que cando conseguiu a alcaldía de Burela se tatuou o número 1.635, que foi o número de votos conseguido polo seu partido nos últimos comicios.

Os trece votos precisos nesta elección ben poderían ser unha peculiar cifra cabalística para un novo tatuaxe, aínda que se continúa con esta baraka política quizais deba reservarse para futuras vitorias. E xa que rematan as festas, que o día catorce non se manque ninguén que queda moito partido por xogar.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...