Zavala e as Atalaias de Caión aterrarán no Elma da Pobra cun espectáculo de música electrónica e tradicional

05 Decembro 2025

Zavala e as Atalaias de Caión aterrarán este domingo, 7 de decembro, no Teatro do Cine Elma (ás 19.00 horas), na Pobra do Caramiñal. Farano cun espectáculo no que mesturarán a música electrónica e a tradicional, ofrecendo ao público un cruce de camiños entre o enxebre e o contemporáneo. A actividade é gratuíta e o acceso é libre ata completar a capacidade da instalación.

Ao fío da celebración das Letras Galegas de 2025, dedicadas ás cantareiras, o grupo Zavala decidiu enriquecer a súa actuación coa participación das Atalaias de Caión. Zavala combina os aspectos máis orgánicos e melódicos da música con texturas e bases electrónicas, creando sons contemporáneos que, por veces, dialogan co tradicional. Pola súa banda, as Atalaias de Caión son un grupo de pandeireteiras cuxo repertorio incorpora instrumentos de percusión tradicional como a pandeireta, o pandeiro cadrado, os pratos e as cunchas. A combinación entre ambos os estilos poderá verse este domingo, dando como resultado un espectáculo musical a camiño entre a tradición e a vangarda.

A actividade está organizada desde a área de Cultura da Deputación da Coruña e conta coa colaboración do Concello da Pobra.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pasada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...