“Xenófobos e inmigrantes” – José Manuel Pena

23 Decembro 2025

Que está a pasar cos migrantes nalgúns países europeos? Xa ninguén os quere para continuar explotándoos laboral e socialmente? Xa non lembramos o que fixemos nalgúns países, denominados subdesenvolvidos economicamente, que colonizamos e usurpamos as súas riquezas naturais coa colaboración dos seus corruptos gobernantes? Xa non nos lembramos cando os nosos pais e avós tiñan que saír do país en busca dunha vida mellor.

Os migrantes, ante todo son persoas e como tales merecen a protección necesaria por ser unha cuestión de Dereitos Humanos. Europa ten que ser un exemplo de Liberdade, Democracia, Humanidade e acatar os Dereitos Humanos dentro das súas propias fronteiras. Moito dos problemas que xorden cos inmigrantes son ocasionados pola usura, a prepotencia e o enriquecemento de moito países occidentais e das súas empresas.

O que sucedeu nestes días nun municipio de Catalunya, Badalona, foi vergoñento, xenófobo, racista e inhumano. Non pode ser que, por cuestións políticas, sexan desaloxadas varios centos de persoas inmigrantes e vulnerables dunhas instalacións sen garantirlles unha alternativa habitacional. O Concello así como a Comunidade Autónoma teñen a obriga legal de reacollelos nunhas condicións mínimas de salubridade e decencia humana.

Algunhas formacións políticas e grupos sociais ou veciñais están a criminalizar aos inmigrantes, co beneplácito ou o silencio cómplice de demasiadas institucións públicas e iso é un perigo para a convivencia. Hai que regular a migración pero tamén hai que respectar as persoas, con independencia da súa cor de pel ou do volume da súa conta bancaria.

Outros artigos

“Regenerar las administraciones”. José Castro López

Siempre hubo casos de nepotismo en las administraciones públicas, pero nunca comoahora. La Unidad Central Operativa de la Guardia Civil (UCO) atestiguó que la tramaKoldo colocó en empresas públicas a parejas, amantes, amigas y asesores de un ministrodel Gobierno y hay...

+

“Al lío. Las verdades prioridades”. Alberto Barciela

Al margen de resultados coyunturales, es evidente que el Estado necesita de algunas decisiones consensuadas, pactadas, maduradas que permitan ajustar su funcionamiento a la demanda de los tiempos. Es más que probable que el consenso -a todas luces imposible en la...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Agora Zapatero?. Custa traballo crelo” – Antón Luaces

“Agora Zapatero?. Custa traballo crelo” – Antón Luaces

Confeso que aínda manteño o asombro e que me custa un mundo crer que o expresidente Zapatero poda ser "outro aproveitado" da circunstancia de ter sido o espello no que moitos españois situábamos o sorriso e a cella como sinal do home de ben que moitos neste país de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.