“Todos temos evidencias familiares de emigración” – Antón Luaces

01 Decembro 2025

Non deixa de ser chamativo o feito de que canto máis medran entre determinados partidos políticos as críticas aos migrantes -aos que se culpa de todo o habido e por haber en España- máis se evidencia asimesmo a senrazón desas constantes referencias aos mouros e latinoamericanos, malia sermos sabedores do necesaria que é a man de obra nun país no que resulta practicamente imposible atopar quen se faga cargo de determinados traballos. 

Agás que sexa un caso de estrema urxencia, contratar en España un traballador suramericano ou árabe non resulta, nen moito menos, doado.

O mesmo acontece co alugueiro de vivendas a eses mesmos estranxeiros, algo que non acontece con migrantes europeos que teñen as mesmas ou parecidas necesidades.

O racismo é un fenómeno multinivel, con procesos individuais, interpersoais, grupais e estruturais para os que a maioría dos cidadáns españois utiliza adxectivos negativos para se referir aos emigrantes. Esta situación, que desde comezos de século se estaba a reducir,  volve  coller unha tendencia ascendente na última década: nos últimos catro anos obsérvase un crecemento de catro puntos proporcionais e xa acada ao 63% da poboación. Os grupos que parecían ter unha imaxe desfavorable seguen poñendo na balanza aos xitanos, árabes e norteafricanos non árabes. 

Racistas?…

Nen negro, nen máis ou menos negro: todos somos froito dunha emigración. E, segundo o xenetista galego Antonio Sala, arredor do 15% do humano galego procede do norte de África  e Oriente Medio, unha influencia anterior mesmo á espasión islámica.

O profesor Salas deixou claro recentemente en Pontevedra nunha intervención moi extensa  e documentada, que non existen razas puras (como tentan demostrar certos puristas) e que, en realidade, todos estamos emparentados.

Ao afondar na nosa xeoloxía, o número de antergos medra tanto como 2N. É  dicir: temos dous pais, catro avós, oito bisavós, e así sucesivamente. Toda esta formulación, relata GCiencia, órgano de publicación da Universidade de Vigo,”as liñas familiares rematan por se entrecruzar”. E exemplifica esta mestura co seu segundo apelido, de orixe vasca, e coa súa ascendencia portuguesa, arxentina e italiana. Por este motivo insiste en que se  cada un de nós mergullamos na nosa xenealoxía, os nosos antergos son de todas as partes do mundo.

No que atinxe a Galicia, “ten máis compoñente norteafricano que Andalucía”, o que non implica a existencia dun ADN diferenciado.   

A investigación conclúe que o chamado ADN galego non existe coma tal: “O concepto de raza é superficial, non se pode asumir sen estudar o xenoma”, resume Salas, xa que os seres humanos son iguais nun 99,9%, e mesmo dentro dunha mesma poboación existen máis diferenzas xenéticas ca entre grupos distantes.

Outros artigos

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

+

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.