Sábado 6, unha fronte deixará chuvias intensas en Galicia na madrugada. Ponte con chuvascos e ventos fortes.

05 Decembro 2025

Unha fronte atlántica atravesará Galicia entre a noite do venres e a primeira metade do sábado 6, San Nicolás de Bari, deixando unha xornada marcada polos ceos moi nubrados e chuvias abundantes, especialmente na provincia de Pontevedra e no suroeste da Coruña, onde se prevén os acumulados máis persistentes e intensos.

Co avance do día, as precipitacións irán perdendo continuidade, converténdose en intermitentes durante a tarde, aínda que o ambiente húmido e inestable continuará presente en boa parte da comunidade.

As temperaturas mínimas vivirán un ascenso moderado, mentres que as máximas se manterán sen cambios significativos. Os ventos, de compoñente suroeste, soprarán moderados en xeral pero fortes no litoral noroeste, onde se poderían rexistrar refachos de consideración.

As condicións mellorarán de cara ao final do día, aínda que a inestabilidade podería prolongarse durante a noite en puntos do litoral oeste.

meteogalicia

O domingo 7, quedaremos nunha situación intermedia entre altas e baixas presións xerando circulación do suroeste intensa. Agárdase unha xonrnada de ceos nubrados, con máis nubes ao oeste onde teremos chuvias en xeral febles e persistentes, indo a menos co avance da tarde. As temperaturas non terán cambios significativos. O vento soprará do suroeste con intervalos fortes en terra, forte no mar.

O noso mar: Vento do sudoeste á mañá e á tarde e do sudoeste á noite, forza 3 a 4 á mañá, 4 a 5 á tarde e 4 a 6 á noite. Marusía á mañá e forte marusía á tarde e á noite. Visibilidade mala á mañá e á tarde e regular á noite. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 5 a 6 metros á mañá, 4 a 5 metros á tarde e 3.5 a 4.5 metros á noite.

Outros artigos

Unha fronte fría deixará chuvias e un descenso térmico este domingo

A nubosidade irá en aumento dende a mañá pola fachada atlántica, con precipitacións máis probables na Coruña, as Rías Baixas e a Mariña As temperaturas máximas experimentarán unha baixada moderada, mentres que as mínimas tenderán a subir A chegada dunha fronte fría...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.