Ribeira acolle a final galega do Nada e Corre este 14 de decembro

13 Decembro 2025

O vindeiro 14 de decembro hai unha cita no complexo deportivo da Fieiteira coa final galega do Nada e Corre, que se celebrará por terceiro ano consecutivo en Ribeira, a partir das 10.00 horas. Trátase dun evento que organiza a Federación Galega de Triatlón e Pentatlón Moderno e o Club Natación Ribeira, coa colaboración do Concello.

O concelleiro de Deportes, Álex Vidal, declarou que “chega ao calendario deportivo municipal unha competición xa consolidada que ten como epicentro unha instalación municipal de renome como é A Fieteira, onde se reunirán deportistas que deberán completar as diferentes distancias en auga e sobre o terreo. Xa tivemos aquí a fase clasificatoria na que puidemos desfrutar dun gran nivel e estamos xa expectantes co que nos deparará a final. Son categorías de base, pero competidores de futuro”.

Uns 160 deportistas participarán nas categorías prebenxamín, benxamín, alevín, infantil e cadete, que deberán completar a distancia correspondente nesta proba que reúne natación e carreira.

Juanky Ageitos, adestrador do Club Natación Ribeira, precisou que, polo de agora, están confirmados para a final 8 deportistas do club local, se ben a previsión é que outros 5 superen as clasificatorias pendentes nestes días.

En palabras similares tamén se expresou a presidenta do club, Ana Villar, quen destacou a “moi boa forma” da que goza a entidade e avanzou que na final haberá premios e sorteos.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...