Pilar Ageitos inaugura a exposición “Besties” o 19 de decembro ao abeiro do Nadal Cultural do Concello de Ribeira

18 Decembro 2025

O Centro Cultural Lustres Rivas acollerá unha nova mostra dentro da programación do Nadal Cultural do Concello de Ribeira. Trátase da exposición Besties, da artista local Pilar Ageitos, a beneficio de Callejeros Barbanza, composta por un total de 35 pezas na que os animais son os protagonistas: lontras, osos polares, lebres, cans…

Ageitos captura con estas acuarelas ao mellor amigo do ser humano, ao bestie de pelo ou de plumas. A apertura será o venres, 19 de decembro, ás 20.00 horas, e contará coa participación da propia artista na compaña da concelleira de Cultura, Ana Barreiro.

Traxectoria de Pilar Ageitos

Pilar Ageitos (Ribeira, 1970) amosa interese pola arte dende moi nova e, co tempo, licénciase en Belas Artes, en Salamanca; época na que realiza unha estadía de Erasmus nos Países Baixos e coñece a última arte de vangarda. A partir deste momento, dá un salto na súa procura creativa. Experimenta variedade de soportes, técnicas e linguaxes expresivas, se ben a investigación gráfica en torno ás figuras humanas e animais é o eixo da súa obra en calquera das súas fases evolutivas.

Dende o 2015 dirixe en Ribeira un taller no que a arte está ao servizo das necesidades do alumnado: Espazo Creativo Nume.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...