O PSdeG provincial advirte ao Concello de Outes de accións legais se non retira as delegacións, retribucións e cargos que o concelleiro non adscrito non pode ostentar 

10 Decembro 2025

O PSdeG-PSOE Provincial da Coruña esixe ao Concello de Outes o “cumprimento inmediato da legalidade” e advirte de que acudirá á Xustiza se persiste a irregularidade.  A Agrupación Provincial Socialista presentou ante o Concello un completo escrito de alegacións no marco do Expediente 192/2025, no que se solicita “a aplicación inmediata das consecuencias legais derivadas da expulsión firme do concelleiro José Antonio Caamaño Lestón do Partido Socialista Obrero Español”. 

O secretario xeral provincial, Bernardo Fernández Piñeiro, sinala que “o Concello de Outes coñece perfectamente a firmeza da expulsión e os límites legais que implica”. “Non imos permitir que se consolide unha situación ilegal nin que se premie o transfuguismo con cargos e retribucións, se non se corrixe de inmediato, acudiremos á Xustiza e esixiremos todas as responsabilidades que procedan”, conclúe. 

A expulsión, confirmada definitivamente pola Comisión Federal de Ética e Garantías o pasado 16 de outubro de 2025, implica, en virtude do artigo 73.3 da Lei de Bases do Réxime Local, o pase automático do concelleiro á condición de non adscrito, coas limitacións políticas e económicas que establece a normativa, a doutrina xurisprudencial e o Pacto Antitransfuguismo. 

Os socialistas explican que “porén, o concelleiro continúa hoxe integrado no equipo de goberno do Partido Popular, mantendo delegacións de competencias e retribución por dedicación, situación que vulnera o artigo 73.3.3º da LRBRL, a doutrina do Tribunal Supremo (STS 1401/2020), as sentenzas do Tribunal Constitucional 9/2012 e 246/2012 e o Pacto Antitransfuguismo e a súa Addenda II”. 

Así, “co obxectivo de garantir a máxima transparencia e documentar con precisión a situación actual”, o PSdeG-PSOE solicitou formalmente á Secretaría Municipal unha certificación oficial que detalle as reunións de órganos colexiados ás que asistiu o señor Caamaño desde a moción de censura e, especialmente, desde a súa expulsión firme. 

Tamén se solicita que “en dita certificación se indiquen as cantidades económicas percibidas en concepto de retribucións, dietas ou indemnización e o réxime de dedicación que puidese ter asignado, con indicación das resolucións que o amparan”. 

Esta documentación será incorporada ao expediente e, de ser o caso, remitirase á Fiscalía para a valoración de “posíbeis ilícitos de prevaricación e malversación de fondos públicos”.

O PSdeG Provincial da Coruña esixe ao alcalde de Outes o cumprimento inmediato da legalidade vixente e a retirada das delegacións, retribucións e cargos que o concelleiro non adscrito non pode ostentar. 

O Partido Socialista advirte que “se o Concello non actúa de maneira inmediata e conforme aos informes da Secretaría Municipal emitidos no seu momento, acudirá a todas as instancias administrativas e xudiciais para garantir o respecto á lei, á ética pública e aos principios do Pacto Antitransfuguismo”. 

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.