O PPdeG felicita o Nadal cun vídeo protagonizado por Alfonso Rueda entre referencias políticas e mensaxes de unidade

20 Decembro 2025

O PPdeG difundiu este sábado o seu tradicional vídeo de felicitación do Nadal, protagonizado polo presidente do partido e da Xunta, Alfonso Rueda, quen nesta ocasión se pon á fronte dos fogóns para preparar a cea de Noiteboa. A peza combina humor, mensaxes políticas e referencias á actualidade estatal, coa participación de destacados dirixentes populares como Alberto Núñez Feijóo, Mariano Rajoy e Miguel Tellado.

No video faise unha chiscadela o peixe de Ribeira

No vídeo, Rueda decide cociñar coa intención simbólica de reunir a todos os galegos arredor da mesma mesa, unha decisión que sorprende tanto aos seus compañeiros de partido como ás súas propias fillas, que volven aparecer na felicitación institucional do PPdeG.

O líder nacional do Partido Popular, Alberto Núñez Feijóo, móstrase convencido do éxito da iniciativa e ironiza afirmando que “mellor a cociña de Rueda que a cociña do CIS”, mentres que o presidente de honra do PPdeG e expresidente do Goberno, Mariano Rajoy, ofrécese como axudante de cociña. Pola súa banda, o secretario xeral do PP, Miguel Tellado, anuncia a súa intención de viaxar a Galicia para “tranquilizar o clima” ante a expectación xerada pola noticia.

Ao longo do vídeo non faltan as alusións á actualidade política estatal, con referencias ao PSOE, ao caso Koldo, a Pedro Sánchez ou ás enquisas do CIS, así como situacións caricaturizadas como un Peugeot mal aparcado, a aparición dun Ábalos disposto a sumarse á cea ou un apagamento eléctrico, en clara referencia ao ocorrido no pasado mes de abril.

A mención ao BNG aparece cando, ao servir a cea, Rueda pregunta se hai algún intolerante entre os comensais, ao que unha das participantes responde con retranca: “Eu a todo, en xeral”.

No seu cometido culinario, o presidente do PPdeG conta coa colaboración de distintos cargos do partido, que achegan produtos tradicionais como a bica ourensá, nunha referencia tamén á provincia afectada polos incendios forestais.

O vídeo péchase cun brinde de Alfonso Rueda no que combina ton persoal e mensaxe política: “Poida que non sexa o mellor cociñeiro do mundo, pero trato o noso con respecto, agarimo e intentando facer as cousas ben, por todos os galegos e galegas”, concluíndo que esa é unha maneira de facer que en Galicia “sabemos facer moi ben”.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.