O Concello de Noia incorpora unha nova psicóloga á UPAD e avanza na transferencia da unidade ao SERGAS

03 Decembro 2025

O O Concello de Noia vén de reforzar a Unidade de Prevención da Drogodependencia (UPAD) coa incorporación dunha nova psicóloga, dando resposta a unha demanda histórica e culminando o proceso de contratación iniciado nos últimos anos.

O Concello informou tamén que está previsto que sexa aprobada en pleno, de maneira definitiva, a transferencia da UPAD ao Servizo Galego de Saúde (SERGAS), tal e como xa acontece con outras unidades de drogodependencia existentes no resto de Galicia.

A concelleira de Servizos Sociais, Sandra González, destacou a importancia deste paso: “Era unha reivindicación constante que o SERGAS asumise esta competencia sanitaria, polo que celebramos que a Xunta de Galicia dea resposta a esta necesidade e garanta a continuidade do servizo no noso municipio”.

González explicou tamén que o proceso administrativo prolongouse debido ás peculiaridades técnicas e organizativas da UPAD de Noia, pero confía en que unha vez formalizada a transferencia, se poidan abordar estes aspectos nunha comisión específica: “Agardamos que se poñan sobre a mesa solucións en materia técnica e de recursos humanos, asegurando que os profesionais se incorporen coas mesmas condicións laborais que teñen na actualidade”.

Coa chegada da nova psicóloga e a integración da unidade no sistema sanitario público galego, o Concello de Noia reafirma o seu “compromiso coa prevención e o tratamento das adiccións e coa mellora dos servizos que se prestan á cidadanía”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.