O Concello de Noia celebra con éxito de participación as pre-badaladas de Fin de Ano 2025

31 Decembro 2025

 O Concello de Noia celebra o éxito da primeira edición das pre-badaladas de fin de ano, un evento que encheu a Alameda fronte á Casa do Concello e que superou todas as expectativas. A alta participación fixo que se esgotaran as 1.000 racións de uvas e o cotillón dispoñible, confirmando o entusiasmo da veciñanza por esta nova iniciativa municipal, segundo informou o Concello.

O humorista Oswaldo Digón dirixiu a celebración cun ritmo dinámico que puxo a bailar á xente dende o primeiro momento, ofrecendo unha xornada festiva e chea de humor.

As 12 badaladas da Igrexa de San Francisco marcaron o cénit da celebración, que continuou logo ca música da Disco Chocolate, que mantivo o ambiente en alto tras as badaladas, convertendo a Alameda nun espazo de festa continua.

O alcalde de Noia, Francisco Pérez, subliñou o impacto positivo desta proposta: “A resposta da xente foi impresionante; superamos todas as previsións e iso danos forza para seguir creando novos momentos de encontro.” Engadiu tamén o seu agradecemento aos implicados: “Oswaldo Digón e Disco Chocolate fixeron posible unha festa inesquecible; é unha iniciativa que nace con vontade de continuidade.”

Dende o Concello remataron sinalando que “a primeira edición das pre-badaladas pecha cun balance moi positivo e con vontade de consolidarse como unha cita imprescindíbel no calendario festivo noiés”.

Outros artigos

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.