O Concello de Boiro recibe un premio de boas prácticas na prevención do absentismo e mellora da convivencia escolar polo Proxecto EnClave

10 Decembro 2025

O Concello de Boiro vén de recibir un premio no IX Concurso de Boas Prácticas Municipais na prevención e intervención fronte ao absentismo e na mellora da convivencia escolar polo Proxecto EnClave. A concelleira, María Outeiral, recolleu na mañá deste 10 de decembro o premio en Madrid, na sede da FEMP.

Este concurso está convocado pola Federación Española de Municipios e Provincias e o Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes e, en particular, o proxecto foi presentado na categoría de Mellora da Convivencia Escolar en Municipios de ata 20.000 habitantes.

“Somos o único concello galego que recibe un premio neste concurso e facémolo polo Proxecto EnClave que trata a saúde mental, o benestar emocional e a resolución de conflitos nos centros educativos”, recoñeceu a María Outeiral.

O Proxecto EnClave do Concello de Boiro é un programa pioneiro e innovador que naceu no curso 2021/2022 para “educar, previr o acoso escolar e promover o benestar emocional e a saúde mental do estudantado da localidade”.

Trátase dun programa vivo que se vai adaptando cada curso escolar en función das necesidades detectadas polo persoal docente e a comunidade educativa. “Este premio é un recoñecemento a un proxecto que engloba a toda a comunidade educativa e que foi creado a consecuencia das necesidades detectadas despois da pandemia”, afirmou a concelleira, María Outeiral, engadindo que “o obxectivo xeral que persegue este programa é promover unha cultura de convivencia positiva, inclusiva e corresponsábel na contorna escolar mediante unha estratexia transversal e innovadora que integra os ámbitos educativo, social e da igualdade co fin de previr a violencia, fomentar a equidade e fortalecer os vínculos comunitarios”.

O proxecto, integral e preventivo, combina atención psicolóxica, promoción da saúde, detección temperá de dificultades da aprendizaxe e mellora da convivencia. A atención psicolóxica atallase a través de programas estruturados de atención psicolóxica individualizada e acompañamento emocional no contexto escolar; a promoción da saúde reforzando a prevención de hábitos saudábeis e autocoidados como a hixiene bucodental, a saúde visual e a educación afectivo-sexual; e detección temperá de dificultades de aprendizaxe como a dislexia e TDAH.

O proxecto desenvolvese durante todo o curso escolar, coordinado polas áreas de Educación e Igualdade do Concello de Boiro, e está financiado integramente polo Concello de Boiro.

Outros artigos

Rianxo e A Estrada xa son oficialmente concellos irmáns

Este luns 19 de outubro formalizouse finalmente a sinatura do protocolo de irmandamento entre os concellos da Estrada e Rianxo, historicamente unidos polas figuras de Virxinia Pereira Renda (A Estrada) e Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (Rianxo). A fraternidade...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

Hai case oito séculos, as Sete Partidas de Alfonso X pretendían establecer unhas regras comúns para ordenar a sociedade. Hoxe vivimos nunha democracia con leis e mecanismos de control, pero segue vixente unha pregunta fundamental: de que serven as normas se quen debe...

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

Soy un ciudadano de a pie, que no entiendo el organigrama gubernativo. Cierto que me siento con el derecho de considerar que los que ostentan algún tipo de cargos deberían tener los estudios oportunos, y no simplemente facilidad para comunicarse entre ellos y para...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.