O Concello de Boiro está a executar a pavimentación nunha estrada no Boiro de Arriba. Trátase dunha actuación incluída no proxecto de renovación de pavimentos en núcleos rurais entre os que tamén se inclúen vías na Armada, Aspra, Cubeliños, Pazos de Coroño e Saltiño.
O total das actuacións ascende aos 153.206 euros para o arranxo do firme nos distintos núcleos. O alcalde, José Ramón Romero, e o concelleiro de Urbanismo e Obras, Luis Ruiz, visitaron na mañá deste 23 de decembro o lugar das obras para coñecer a execución das mesmas.
Trátase de tramos de camiños públicos municipais que presentan un avanzado estado de deterioro agravado durante a época de choivas polo que se necesita a mellora do firme para garantir o acceso dos veciños ás súas vivendas. As actuacións contan co financiamento da Deputación da Coruña a través do Plan Único Concellos (POS+).




