O 22 de febreiro celébrase unha nova edición do Xtosín Trail

29 Decembro 2025

O 22 de febreiro vaise celebrar en terras sonenses a edición 2026 do Xtosín Trail, un clásico da comarca do Barbanza neste deporte que reivindica a fermosura das nosas paisaxes e da nosa natureza. Será, en palabras da organización, “unha proba na que se combina a dureza do percorrido cunhas paisaxes espectaculares”

As persoas participantes poderán escoller entre dúas distancias: o trail longo de 21K e un desnivel de 980 metros ou o curto de 15K, cun desnivel de 750 metros. Ademais, tamén se realizará unha andaina de 15 km

As persoas interesadas xa poden formalizar a súa inscrición a través da web galitiming.

Organizan Arousa Neo, Sachacamiños e o Concello de Porto do Son.

A proba vén con tres modalidades: o trail curto, cunha distancia de 15 quilómetros e un desnivel de 750 metros; o trail longo cun percorrido de 21 quilómetros e un desnivel de 980 metros; e por último a andaina, que vén cunha distancia a percorrer de 15 quilómetros.

A saída será o porto pesqueiro de Portosín.

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.