
Este 31 de decembro todos os concellos do Barbanza van habilitar espazos acondicionados para celebrar o remate do ano. Tamén o Concello de Noia, que quere despedir 2025 “por todo o alto” e que preparou para este mércores unha festa en dúas quendas: de mañá e de noite.
A quenda de mañá comeza a partir das 11.00 horas na Alameda, onde está previsto que se viva “unha auténtica festa de pre-fin de de ano”.
Haberá cotillón, música (Disco Chocolate) e humor a cargo de Oswaldo Digón.
11:00h → Reparto de cotillón, uvas e moito ritmo coa Disco Chocolate
11:30h → Intervención de Oswaldo Digón para darlle o toque de humor á despedida do ano
12:00h → Prebadaladas de Fin de Ano diante da Casa do Concello.
E para quen queira seguir coa festa, pola noite haberá carpa climatizada na rúa do Curro, a partir das 1.30 horas, con Disco Chocolate, novamente, para “empezar 2026 bailando”.


